Abrir o menú principal

José Boedo

sindicalista galego
(Redirixido desde "José Boedo López")

José Boedo López, nado en 1887 no concello de Oza (integrado posteriormente no concello da Coruña), e finado o 19 de agosto de 1936, foi un sindicalista galego.

José Boedo
Nacemento1887
 Oza
Falecemento19 de agosto de 1936
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
FillosJosé Antonio Boedo Núñez e Pucho Boedo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Viviu no barrio coruñés da Silva. Estivo vinculado ao Sindicato de Canteiros da Coruña, no que ocupou xa un cargo directivo á altura de 1918. Comezou a destacar publicamente e a intervir en actos públicos, como o multitudinario mitin que tivo lugar en agosto de 1923 na praza de touros da Coruña pedindo o indulto para o cabo Sánchez Barros, un coruñés que fora condenado a morte pola súa intervención nunha revolta popular en Málaga contra as levas para a guerra de África. Durante os anos da II República foi un dos máis destacados militantes do seu sindicato, ao que representou en diversos comicios de ámbito galego, e mesmo ocupou cargos de responsabilidade na Federación Local Obreira da Coruña e no Comité Rexional da Confederación Nacional do Traballo (CNT). Foi tamén un dos fundadores do Ateneo Resplandor en el Abismo de A Silva. Despois do triunfo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido e fusilado o 19 de agosto de 1936. A súa familia sufriu unha brutal represión; o seu fillo José Antonio Boedo Núñez foi fusilado o 11 de setembro de 1937. Outro dos fillos, Pucho Boedo, foi un cantante de sona.

Véxase taménEditar