José Búa Carou

médico e político galego

José Búa Carou, finado na Coruña o 9 de xaneiro de 1944, foi un médico e político galego.

Modelo:BiografíaJosé Búa Carou

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xaneiro de 1944 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsFrancisco Búa Carou Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de José Búa Pintos e irmán de Francisco Búa Carou. Foi coronel de Sanidade Militar. Foi presidente da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña. Militante do Partido Republicano Radical Socialista, foi elixido vicepresidente do grupo da Coruña en setembro de 1931.[1] Despois pasou a Izquierda Republicana e foi presidente do grupo local da Coruña en 1934.[2] Participou no acto de homenaxe ás mulleres organizado polo semanario La Calle o 3 de marzo de 1936 no Teatro Rosalía Castro con Manuel Fernández, Ramón Suárez Picallo e José Villaverde.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi represaliado. Finou na Coruña o 9 de xaneiro de 1944.[4]

Vida persoal

editar

Casou con María de los Dolores Nine Fraga e foi pai de María de los Dolores, Mercedes, Guillermina, Victoria, Carmen, Angeles e José Miguel Búa Nine.

  1. La Voz de Galicia, 4-9-1931, p. 4.
  2. El Pueblo Gallego, 27-5-1934, p. 12.
  3. La Voz de Galicia, 3-3-1936, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 9-1-1944, p. 3.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar