José Antonio Vigo Lago
José Antonio Vigo Lago, nado en Meirás (Valdoviño) en 1947 e finado en Ferrol o 12 de xuño de 2020, foi un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1947 Meirás, España |
Morte | 12 de xuño de 2020 (72/73 anos) Ferrol, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Valdoviño |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Prexubilado da Inspección de Obras de Defensa. Foi presidente da ANPA do colexio de Valdoviño e fundador da Asociación de veciños "As Chaves" de Loira. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Valdoviño, onde foi a lista máis votada pero sen maioría absoluta. Resultou elixido alcalde co apoio dos dous representantes de Centristas de Valdoviño. Estableceu un goberno de coalición, dende febreiro de 2013, xunto con Converxencia Galega e Unidos por Valdoviño.[1] Presentouse de novo nas municipais de 2015 pero perdeu a alcaldía ó ser derrotado polo PSdeG-PSOE.
Predecesor: María Isabel Álvarez Diéguez |
Alcalde de Valdoviño 2011 - 2015 |
Sucesor: Alberto González Fernández |
Vida persoal editar
Estaba casado e tiña 2 fillos. Finou no Hospital de Ferrol o 12 de xuño de 2020.[2]