Moisés González Ameijeiras
político español
(Redirección desde «José Antonio González Ameijeiras»)
José Antonio Moisés González Ameijeiras, nado en 1935 e finado en Porto de Gómez (Cuntis) o 23 de xullo de 1998, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1935 Porto de Gómez, España |
Morte | 23 de xullo de 1998 (62/63 anos) |
Alcalde de Cuntis | |
1974 – 1983 ← Domingo Carpintero Domínguez | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , mestre |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarMestre de EXB en Cuntis, concelleiro local do Movimiento e xuíz de paz. Foi nomeado alcalde de Cuntis polo Ministro da Gobernación a finais de xaneiro de 1974.[1] Nas primeiras eleccións democráticas foi cabeza de lista da UCD e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Permaneceu como alcalde ata as eleccións municipais de 1983, ás cales non concorreu como candidato á reelección. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular mais non logrou recuperala alcaldía dado que o PSdeG logrou a maioría absoluta. Posteriormente foi director do Grupo Escolar de Cuntis.
Predecesor: Domingo Carpintero Domínguez |
Alcalde de Cuntis 1974 - 1983 |
Sucesor: Eduardo Rey Rodríguez |
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 30-1-1974, p. 10.