Concello de Jokkmokk

(Redirixido desde «Jokkmokk (municipio)»)

Coordenadas: 66°37′N 19°50′L / 66.617, -19.833

Concello de Jokkmokk
Jokkmokks kommun
Municipal building of Jokkmokk.jpg
Casa do concello
Jokkmokk vapen.svg
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Lappland
Condado Norrbotten
Capital Jokkmokk
Área e poboación
Poboación 4 766 habitantes
Censo 2022
Área 19 334,08 km²
Densidade 0,27 hab./km²
Mapa
Jokkmokk Municipality in Norrbotten County.png
Outros datos
Web jokkmokk.se

Jokkmokk é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten.[1] Atópase no landskap de Lappland e a súa capital é Jokkmokk.

O terreo montañoso cobre unha parte significativa da superficie do municipio e o Parque Nacional Sarek, un dos catro parques nacionais do concello, está considerado no presente a derradeira terra virxe de Europa. Tamén é a natureza, a través dos bosques, a auga, o turismo e a cría de renos, a que forma a base da economía de Jokkmokk.

Dende a fundación do municipio na década de 1970 a tendencia de poboación ten sido negativa. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 4 766 habitantes.[2] Jokkmokk é un forte bastión dos socialdemócratas, que dende as eleccións de 2018 gobernan co Vänsterpartiet.

Administración históricaEditar

Cando se levou a cabo a reforma municipal de 1862 en Laponia en 1874, formouse o municipio rural de Jokkmokk na parroquia do mesmo nome.

A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona, afectando tampouco aos condados de Västerbotten e Norrbotten.[3] Coa reforma municipal de 1971 fundouse o concello de Jokkmokk tras a reorganización do concello rural de Jokkmokk.[4]

Dende o seu nacemento ata o 28 de xaneiro de 2002 o concello pertenceu ao partido xudicial de Boden e dende entón forma parte do de Gällivare.[5]

XeografíaEditar

O concello limita ao oeste cos municipios noruegueses de Tysfjord, Hamarøy, Sørfold e Fauske, e cos suecos de Gällivare ao norte, de Boden ao leste, de Älvsbyn ao sueste, e de Arvidsjaur e Arjeplog ao sur. O concello de Jokkmokk é segundo máis grande de Suecia en superficie, sendo un pouco máis grande que o landskap de Värmland, un pouco máis pequeno que o de Ångermanland e o dobre de grande que o de Escania.

NotasEditar

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-10. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-20. 
  3. "Folkrakningen 1950" (PDF). scb.se. Archived from the original on 29 de outubro de 2013. Consultado o 1 de outubro de 2022. 
  4. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. p. 100. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784. 
  5. "Domsagohistorik - Bodens tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 1 de outubro de 2022.