Concello de Älvsbyn
Älvsbyn é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten.[1] A súa capital é Älvsbyn, que é tamén o maior núcleo urbano do concello.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Norrbotten ![]() | ||||
Capital | Älvsbyn ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.757 (2025) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.795,24 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | alvsbyn.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
A través do concello flúen varios ríos, entre eles o Pite onde está a reserva natural de Storforsen, un dos principais atractivos da crecente industria turística do municipio. Entre as empresas máis grandes de Älvsbyn atópanse Polarbröd e Älvsbyhus.
O municipio de Älvsbyn ten unha poboación decrecente dende 2000. En decembro do ano 2024 Älvsbyn tiña 7 774 habitantes.[2]
Xeografía
editarO concello de Älvsbyn limita ao sur co concello de Piteå, ao oeste co de Arvidsjaurs, ao noroeste co de Jokkmokk, ao norte co de Boden e ao leste co de Luleå, todos eles no condado de Norrbotten.
Notas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-14.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-06.