John Soane
John Soane (10 de setembro de 1753 — 20 de xaneiro de 1837), foi un importante arquitecto inglés do último terzo do s.XVIII e principios do s.XIX.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1753 Reading |
Morte | 20 de xaneiro de 1837 (83 anos) Londres |
Lugar de sepultura | St Pancras Old Church, Camden (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Reino Unido |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres (1772–1837) |
Ocupación | arquitecto , arqueólogo |
Membro de | |
Movemento | Clasicismo |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | George Soane |
Premios | |
Pertencía ao movemento arquitectónico chamado "clasicismo romántico" inglés, unha variante dentro do Neoclasicismo. Era un arquitecto con certa visión utópica.
Levaba sempre consigo ao pintor Gandy, que retrataba e esaxeraba os seus proxectos. Debuxáballe incluso algúns edificios en ruínas.(moi típico dos románticos).
Obras principais
editar- Banco de Inglaterra (1777), neoclásico, é o seu máis famoso traballo, ten unha idea de estrutura de cúpula abovedada, semellante a que tiña Piranesi. Grecas na bóveda, cariátides na lanterna son outros dos seus detalles.
Ten certa idea de planta libre, xa que se interconexionan espazos.
- Casa Soane en Lincoln's Inn Fields,(1811) mercou unha parte e logo foi estendéndoa, foi facéndoa por partes. Modifica a fachada con arcos e revestimento pétreo.
É extremadamente sinxelo, ata un extremo revolucionario. A súa composición baséase en edificios, espazos pequenos no interior doutros máis grandes; espazos diáfanos e transitorios. Para ilumina-las zonas interiores utiliza lucernarios, diversos e con vidro de cores.
Algúns espazos eran moi estreitos e era nestes nos que colocaba as súas coleccións. Dunha forma moi romántica, mesturou todos os estilos, na súa colección e na súa arquitectura. Creou grandes espazos en altura, chegando incluso a tripla altura, onde colocaba as coleccións.
No seu "Breackfast room", colocou espellos para face-los espazos máis grandes.
Hoxe en día é un museo, e xa el o ideara para tal, coma "casa-museo".
- Dullwich Picture Gallery (1812), é unha galería de pintura.
Chama a atención po-las referencias arqueolóxicas que emprega. Decoracións funerarias, ataúdes na fachada... Isto recorda de novo a Piranesi.
Composición de Floreiros, e elementos xeométricos moi elementais.
Outras obras relevantes foron:
- Aynhoe Park, Aynhoe, Banbury, Oxfordshire
- Chillington Hall
- Moggerhanger Park, Moggerhanger, Bedfordshire
- Piercefield House
- Pitzhanger Manor
- The Royal Hospital, Chelsea
- St John's Bethnal Green
- Trinity Church Marylebone
- Tyringham Hall, Newport Pagnell, Buckinghamshire
- St. Peter's Church, Walworth
- South Hill Park
- Wimpole Hall, Arrington, Royston, Cambridgeshire
- Wokefield Park