John Reid

John Reid é un director musical escocés, activo na industria musical desde os anos 70. Actualmente está moi vinculado profesionalmente con Australia, onde é moi coñecido por formar parte do xurado na versión deste país do concurso televisivo Factor X.

John Reid
Nacemento9 de setembro de 1949
 Paisley
NacionalidadeReino Unido
Alma máterSt Mirin's Academy
Ocupaciónxerente, agente de talentos e talent manager
editar datos en Wikidata ]

Entre 1975 e 1978, Reid foi o representante da banda británica de rock Queen.

Durante 28 anos, traballou tamén co cantante e compositor Elton John. Durante os primeiros cinco anos de traballo, Reid e Elton John mantiveron ademais unha relación de parella. En 1998, a colaboración profesional de Elton John con John Reid acabou, en medio dunha forte disputa por cuestións financeiras, que saíron á luz a través do Daily Mirror, o que ocasionou que en 2000 os dous acabasen nos xulgados.[Cómpre referencia]