John Konesky
John S. Konesky, nado en Columbus (Ohio) o 19 de novembro de 1980, é un guitarrista, produtor musical e actor ocasional estadounidense.
John Konesky | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 19 de novembro de 1980 |
Lugar | Columbus |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educado en | Hilliard Davidson High School |
Profesión | guitarrista |
Na rede | |
http://johnkonesky.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Konesky naceu e criouse en Columbus, Ohio, onde actuou nunha banda co seu amigo John Spiker. A través dun amigo en común, el e Spiker coñeceron ó guitarrista de Tenacious D Kyle Gass, quen estaba a recrutar músicos para a banda Trainwreck. En 2003, Konesky e Spiker would mudáronse ós Ánxeles e convertéronse no guitarrista e baixista de Trainwreck.[1] En 2005, Konesky e Spiker interpretaron no segundo álbum de Tenacious D, The Pick of Destiny e actuaron en directo na xira The Pick of Destiny Tour, converténdose (xunto co batería Brooks Wackerman) en membros adicionais en directo de Tenacious D. En 2010, Trainwreck separouse, o que motivou que Konesky e Gass formasen Kyle Gass Band. En 2009, Konesky e Gass tamén traballaron en Guitarings a través da súa canle de YouTube. En 2012, Konesky formou Wynchester xunto con Mike Bray.[2] Konesky continuou gravando o terceiro e cuarto álbums de Tenacious D, Rize of the Fenix (2012) e Post-Apocalypto (2018). En 2015, Konesky gañou un Premio Grammy pola súa gravación de "The Last in Line" para o tributo a Ronnie James Dio.[3] Konesky volveu formar parte de Trainwreck cando se volveu xuntar o grupo en 2018.
NotasEditar
- ↑ company, EAT MUSIC // the music. "Trainwreck : : EAT MUSIC // the music company". Trainwreck : : EAT MUSIC // the music company (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2019.
- ↑ company, EAT MUSIC // the music. "Wynchester : : EAT MUSIC // the music company". Wynchester : : EAT MUSIC // the music company (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2019.
- ↑ Kaufman, Spencer. "2015 Grammys: Tenacious D Win Best Metal Performance Award". Loudwire (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2019.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Konesky |
Ligazóns externasEditar
- John Konesky na IMDb (en inglés).