John Barber

enxeñeiro británico

John Barber, nado en 1734 e finado en 1801, foi un inventor inglés.

John Barber
Nacemento1734
Lugar de nacementoNottingham
Falecemento1801
Lugar de falecementoNuneaton
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupacióninventor e enxeñeiro
Na rede
WikiTree: Barber-7973
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Naceu en Nottinghamshire, trasladouse a Warwickshire arredor de 1760 para dirixir explotacións de carbón na zona de Nuneaton. Durante un tempo viviu en Camp Hill House, entre Hartshill e Nuneaton, e máis tarde estableceuse en Attleborough. Patentou diversas invencións entre 1766 e 1792, das cales a máis remarcable foi unha para unha turbina a gas e aínda que desta patente non saíu ningún aparello práctico, o certo é que Barber foi a primeira persoa en describir en detalle o principi odunha turbina a gas, e hai poucos anos construíuse un modelo baseado nas especificacións de Barber.

Turbina a gas de Barber Editar

 
Debuxo que aparecía na patente de Barber

En 1791 Barber rexistrou unha patente (UK patent no. 1833 - Obtaining and Applying Motive Power, & c. A Method of Rising Inflammable Air for the Purposes of Procuring Motion, and Facilitating Metallurgical Operations) que contiña todos as características esenciais para realizar con éxito unha turbina a gas. Pensada como un método para extraer sen cabalos, o deseño de Barber contaba con cadeas, compresor, cámara de combustión e turbina.

A turbina de Barber funcionaba co gas que se obtiña queimando madeira, carbón, aceite ou outras substancias. Eses gases quentábanse nunha retorta de onde pasaban a un receptor e arrefriaban. O aire e o gas comprimíanse en diferentes cilindros e inxectábanse nunha cámara de combustión onde tamén se botaba auga auga na boca da cámara de combustión para arrefriala e para aumentar o volume dos gases.

A tecnoloxía da época impedíalle crear a suficiente enersía para que fose útil. En 1972 a firma alemá Kraftwerk-Union AG realizou un aparello para a Feira de Hanóver que traballaba segundo o modelo de Barber.