John Banim

escritor irlandés

John Banim, nado en Kilkenny o 3 de abril de 1798 e finado en Booterstown o 30 de agosto de 1842, foi un escritor irlandés.

Modelo:BiografíaJohn Banim

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de abril de 1798 Editar o valor en Wikidata
Kilkenny, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Morte30 de agosto de 1842 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Booterstown, Irlanda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónKilkenny College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, novelista, escritor, dramaturgo Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioAbel O'Hara
Barnes O’Hara Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsMichael Banim Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Banim-1

Traxectoria

editar

Estudou en Kilkenny e Dublín. Tras rematar os seus estudos volveu a Kilkenny, onde ensinou debuxo. Namorado dunha das súas alumnas, os pais dela conseguiron que tivese que marchar da cidade, pero a rapariga morreu, o que causou unha fonda impresión en Banim.

En 1820 asentouse en Dublín e alí publicou o seu primeiro libro de poemas, The Celt's Paradise, e mais a traxedia Damon and Pythias (1821). En colaboración co seu irmán Michael escribiu unha serie de contos ilustrativos da vida irlandesa. John Banim marchou a Londres, onde sobreviviu escribindo en revistas.

En 1825 apareceu a primeira serie de Tales of the O'Hara Family, que conseguiu un rápido éxito. Ao ano seguinte apareceu a segunda serie, que incluía a novela The Nowlands. Debido á mala saúde de John a terceira serie foi obra unicamente do seu irmán.

En 1829 trasladouse a Francia por motivos de saúde. En 1835, xa inválido, asentouse preto de Kikenny, onde pasou o resto da súa vida.