John Badham

Charles John Smith, nado o 25 de agosto de 1939 en Luton (Reino Unido), é un director de televisión, director de cine e produtor inglés residente nos Estados Unidos. Candidato a dous Premios Emmy, dirixiu películas como Saturday Night Fever (1977), Dracula (1979), Whose Life Is It Anyway? (1981), Bird on a Wire (1990), ademais de episodios de series de televisión como The Shield (2003), Crossing Jordan (2007) ou Heroes (2007).

John Badham
Nacemento25 de agosto de 1939
 Luton
NacionalidadeEstados Unidos de América e Reino Unido
Alma máterUniversidade Yale e Indian Springs School
Ocupacióndirector de cinema e director de televisión
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

John Badham naceu en Luton, Reino Unido o 25 de agosto de 1939. Fillo da actriz británica Mary Iola Badham, e irmán da actriz Mary Badham. Súa nai casou con Henry Lee, un xeneral da Forza aérea dos Estados Unidos e executivo, quen o adoptou. A familia emigrou ao estado de Alabama, Estados Unidos en 1945. John obtivo a súa cidadanía estadounidense en 1950. Realizou os seus estudos básicos no colexio privado Indian Springs School, próximo á cidade de Pelham, en Alabama, continuando na Universidade Yale, en New Haven, Connecticut. Casou en numerosas ocasións, con Bonnie Hughes (1967-1979), coa que tivo un fillo; con Jan Speck (1983-1990) e coa súa actual esposa Julia Badham (1992-presente). Actualmente reside en Beverly Hills (California).

FilmografíaEditar

  • Filmografía destacada.
Ano Filme Notas
1971 The Bold Ones: The Senator (TV) 2 episodios
1975 The Law (TV)
1977 Saturday Night Fever
1979 Dracula
1983 Xogos de guerra
1986 Curtocircuíto
1987 Stakeout
1990 Bird on a Wire
1993 A asasina
2003 The Shield (TV) 3 episodios
2007 Crossing Jordan (TV) 2 episodios
Heroes (TV) 2 episodios
Las Vegas (TV) 2 episodios
2008 Meen in Trees (TV) 1 episodio
2009 Criminal Minds (TV) 1 episodio

Véxase taménEditar

Ligazón externaEditar