Johann Wilhelm Spengel

zoólogo alemán

Johann Wilhelm Spengel, nado o 19 de febreiro de 1852 en Hamburgo, e finado o 13 de abril de 1921 en Giessen, foi un zoólogo alemán especializado en helmintoloxía.

Johann Wilhelm Spengel
Johann Wilhelm Spengel.jpg
Johann Wilhelm Spengel contra 1912
Nacemento19 de febreiro de 1852
Lugar de nacementoHamburgo
Falecemento13 de abril de 1921
Lugar de falecementoGiessen
Nacionalidadealemá
Ocupaciónzoólogo, helmintólogo, profesor universitaro
EstudosDoutor en bioloxía
Organización
  • Justus-Liebig-Universität de Gießen
  • Ludwigs-Universität de Gießen.
CargosReitor da Ludwigs-Universität de Gießen
PremiosMembro da Academia Leopoldina
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Tras acabar o seu abitur (bacharelato), Spengel estudou bioloxía e despois do seu doutoramento e habilitación foi profesor da Justus-Liebig-Universität de Gießen.

En 1886 comezou a traballar como editor da revista profesional Zoologische Jahrbücher. Ao mesmo tempo foi director do Instituto Zoolóxico de Gießen.

Durante a súa vida estivo activo durante moitos anos, e foi promotor da taxonomía de August Kohler dos moluscos con cuncha (1893), así como de Jan Versluys, pola súa investigación sobre o oído dos lacertilios e as tuataras (1898).

En 1887 foi elixido membro da Leopoldina.[1]

Entre 1897 e 1898, Spengel foi reitor da Ludwigs-Universität de Gießen.

Alguhas publicaciónsEditar

  • Die Darwinsche Theorie: Verzeichnis (1872).
  • Die Enteropneusten des Golfes von Neapel und der angrenzenden Meeresabschnitte (1893).
  • Zweckmässigkeit und Anpassung (1898).
  • Über Schwimmblasen, Lungen und Kiementaschen der Wirbeltiere (1904).
  • Neue Beiträge zur Kenntniss der Enteropneusten. Eine neue Enteropneustenart aus dem Golf von Neapel (1904).

Ademais, traduciu ao alemán e obra de Thomas Huxley A Manual of the Anatomy of Vertebrated Animals, que en Alemaña se titulou Grundzüge der Anatomie der wirbellosen Tiere.

Taxons descritosEditar

A Spengel débense as descricións de varios taxons, entre eles, Euthyneura.[2]

AbreviaturaEditar

A abreviatura Spengel empégase para recoñecer a Johann Wilhelm Spengel como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

NotasEditar

  1. Leopoldina: Wilhelm Spengel. Ano de elección, 1887. Sección, Zooloxía Arquivado 15 de agosto de 2021 en Wayback Machine..
  2. Spengel J. W. (1881): "Die Geruchsorgane und des Nervensystem der Mollusken". Zeitschrift für wissenschaftliche Zoologie 35 (3): 333-383.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar