Johan Nunez Camanez
Trobador do século XIII
Johan Nunez Camanez foi un trobador ou xograr do século XIII.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIII |
Morte | século XIII |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Lingua | Lingua galego-portuguesa |
Biografía
editarCarolina Michaelis sostén que, polo seu apelido, procede de Camán situado na parroquia de Albeos, no concello de Crecente. Pola súa colocación nos cancioneros a súa actividade poética sitúase entre 1240 e 1260. António Resende de Oliveira atribúelle unha cantiga de escarnio, que nos cancioneros pertence a un Nunes, en base a ela sostén que puido participar na conquista de Xaén.[2]
Obra
editarConsérvanse oito cantigas: cinco cantigas de amigo e tres cantigas de amor.[3] As oito cantigas conteñen unha certa unidade temática e, segundo ordénense, poden formar unha peza dramático-narrativa dialogada entre tres personaxes.[4]
Notas
editar- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-06-20.
- ↑ "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-06-20.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-06-20.
- ↑ "Juglares y Trovadores". Consultado o 2021-06-20.