Xoán López d'Ulloa

Trobador do século XIII
(Redirección desde «Johan Lopez de Ulhoa»)

Xoán López d'Ulloa[1] ou Johan Lopez de Ulhoa foi un trobador galego do século XIII.[2]

Modelo:BiografíaXoán López d'Ulloa
Biografía
NacementoGalicia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Pertencería a unha familia nobre implantada nas proximidades do río Ulla, da zona de Monterroso. É fillo de Lopo Rodriguez de Ulhoa e de María Fernández Batissela, cuñado do tamén trobador Fernan Paez de Talamancos. Foi cabaleiro dunha orde militar e sábese que estivo en Portugal, casou con Sancha Lourenço Taveira, establecéndose na Estremadura portuguesa.[3]

Consérvanse 18 cantigas. Son once cantigas de amor e sete cantigas de amigo.[4]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-18. 
  2. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-05-01. 
  3. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-01. 
  4. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-01.