Joaquín Otero Bárcena

avogado e político galego

Joaquín Otero Bárcena de la Concha, nado en Santiago de Compostela o 21 de abril de 1874 e finado en Madrid o 6 de abril de 1956[1], foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaJoaquín Otero Bárcena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1874 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de abril de 1956 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil
Q39396880 Traducir
Civil governor of Zaragoza (en) Traducir
Gobernador civil da provincia de Huesca
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJoaquín Otero Goyanes Editar o valor em Wikidata
IrmánsManuel Otero Bárcena Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Joaquín Otero Mariño, señor do Pazo de Bouza en Valga, señor da casa de Otero en Ribeira, e señor das illas de Sálvora, Vionta e Noro (Ría de Arousa) e Concepción Bárcena de la Concha. Herdou estes dous últimos títulos do seu pai.

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e destacou como político durante o reinado de Afonso XIII, chegando a ser Gobernador civil de Huesca (1913-1914), Zaragoza e Cidade Real. Foi nomeado Deputado Provincial da Monarquía o 10 de marzo de 1907, e Xentilhome de cámara con exercicio do rei Afonso XIII. Foi tamén un importante empresario.

Vida persoal editar

Casou con María de la Purificación Goyanes Cedrón e foi pai de Joaquín Otero Goyanes.

Notas editar