Joaquín Nin

músico español

Joaquín Nin y Castellanos, nado na Habana o 29 de setembro de 1879 e finado na mesma cidade o 24 de outubro de 1949, foi un compositor, pianista e musicólogo cubano-español.[1]

Infotaula de personaJoaquín Nin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Joaquín Nin Castellanos Editar o valor em Wikidata
29 de setembro de 1879 Editar o valor em Wikidata
A Habana (España) Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 1949 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba (1898–)
España Editar o valor em Wikidata
EducaciónSchola Cantorum de Paris (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , pianista , profesor de música , musicólogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresFelip Pedrell, Carles Vidiella (en) Traducir e Vincent d'Indy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosMaría Enma Botet Dubois (en) Traducir e Leopold Magenti i Chelvi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRosa Culmell Vaurigaud (1902–)
FillosAnaïs Nin, Thorvald Nin Culmell, Joaquín Nin-Culmell Editar o valor em Wikidata
PaiJoaquim Nin i Tudó (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 6cdb1ac1-8d9d-4ba5-850c-b4cc0cc36daf Discogs: 1269391 IMSLP: Category:Nin,_Joaquín Allmusic: mn0002043490 WikiTree: Nin-29 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Joaquín Nin naceu na Habana, daquela pertencente ao Imperio español, fillo do escritor catalán en lingua castelá Joaquín Nin i Tudó. Estudou en Barcelona con Carles G. Vidiella e Felip Pedrell, con quen tivo unha longa amizade.[2] Interveu na quinta Festa Modernista de Sitges en 1898 cun concerto de piano. Posteriormente trasladouse a París, onde estudou con Moritz Moszkowski e posteriormente con Vincent d'Indy na Schola Cantorum de Paris, onde logo ensinou de 1905 a 1908.

En 1909 foi nomeado profesor honorario da universidade nova de Bruxelas. A súa carreira como pianista obrigouno a residir en Bruxelas (1908-1910) e en Berlín. En 1911 regresou á Habana, onde fundou un conservatorio e unha sociedade de concertos, de vida efémera. Residiu novamente en Bruxelas, e en 1913 vai a París. Ao comezar a primeira guerra mundial regresou á Habana.

Como pianista, interpretou obras dos antigos compositores de tegra, especialmente do século XVIII, viaxando por toda Europa como solista difundindo esa música. Tamén publicou libros de cancións españolas e ensaios polémicos.

Casou con Rosa Culmell, unha cantante de ópera da que se divorciou máis tarde e coa que tivo tres fillos: Thorvald Nin, que se adicou aos negocios, Joaquín Nin-Culmell, que tamén foi compositor, e a recoñecida escritora Anaïs Nin, que chegou a ser a máis coñecida dos seus fillos, debido á publicación dos seus famosos Diarios.

Foi amigo de Maurice Ravel e un dos testemuños da xénese do Bolero en 1928. Foi membro da Academia Española e recibiu en Francia a Lexión de Honor.[3]

Obras editar

As súas composicións non son moi numerosas e teñen unha forte influencia nacionalista española, aínda que tamén compuxo varias pezas de danzas cubanas. Destacan entre outras:

Pezas para voz e piano
  • 20 Cantos españoles (1923)
  • 10 Noëls espagnols (1932)
Ballet
  • L'écharpe bleue (1937)
Pezas para violín e piano
  • Au jardin de Lindaraja pour violon et piano (1927)
  • 5 Comentarios pour violon et piano (1929)
  • Seguida Española (Vieja Castilla, Murciana, Catalana, Andaluza)
Pezas para violonchelo e guitarra
  • Suite española
Pezas para piano
  • Danse ibérienne (1926)
  • Message à Debussy (1929)
  • Chaîne de valses (1929)
  • « 1830 » variaciones (1930)
  • Berceuse pour les orphelins d'Espagne (1939)
Música de cámara
  • Au jardin de Lindaraja (1927)
  • Rhapsodie ibérienne (1930)

Obras literarias editar

Escribiu libros sobre cuestións musicais como:

  • Pour l'art (1909)
  • Idées et commentaires (1912)

Homenaxes póstumas editar

Joaquín Nin aparece como personaxe dentro da novela La isla de los amores infinitos (Grijalbo, 2006), da escritora cubana Daína Chaviano.

Notas editar

  1. Generalitat de Cataluña, ed. (2012). "Els intèrprets catalans". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 2 de decembro de 2013. 
  2. "Pedrell i els pianistes catalans a Paris" Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine., de Montserrat Bergadà, publicado en Recerca Musicològica XI-XV, 1991-1992, p. 243-257.
  3. Taylor, Deems. "Dictionary of Musicians". Music Lovers' Encyclopedia. 4th ed. 1950. Important works for Violin and Piano: Seguida Española (Vieja Castilla, Murciana, Catalana, Andaluza), En el Jardin de Lindaraja,

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Theodore Baker et Nicolas Slonimsky (trad. Marie-Stella Pâris, préf. Nicolas Slonimsky), Dictionnaire biographique des musiciens [« Baker's Biographical Dictionnary of Musicians »], t. 2 : H-O, Paris, Robert Laffont, coll. « Bouquins », 1995 (réimpr. 1905, 1919, 1940, 1958, 1978), 8e éd. (1re éd. 1900), 4728 p. (ISBN 2-221-06787-8), p. 2984