Joaquín Nieves López

xornalista e escritor galego

Joaquín Nieves López, nado en Verín o 2 de abril de 1924 e finado en León o 25 de xuño de 2020, foi un xornalista e escritor galego.

Joaquín Nieves López
Nacemento2 de abril de 1924
Lugar de nacementoVerín
Falecemento25 de xuño de 2020
Lugar de falecementoLeón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou o bacharelato en Ourense, no Colexio Labor de Vigo e na Academia Verinense. Foi correspondente dos diarios deportivos Gol de Madrid, Meta de Vigo e Imán da Coruña. Ingresou na Escola Oficial de Periodismo de Madrid e foi correspondente do diario portugués Mundo Deportivo e colaborou con Marca. Titulado en Xornalismo coa tese de fin de carreira Periodismo en Verín dirixida por José Altabella, e titulado polo Ministerio de Información e Turismo en Radio e Televisión.

Dirixiu El Heraldo de Verín na súa segunda época (1945-1946). En 1949 incorporouse á redacción do diario Proa de León, foi xefe da sección de internacional e da de sucesos e dirixiu as publicacións Ayer y hoy e Corner en León. Foi membro da Asociación da Prensa Ourensá, pertenceu á Asociación da Prensa Leonesa e foi delegado na provincia da Agrupación de Xornalistas Deportivos. Colaborou tamén en Radio León da Cadena SER.

En 1983 foi destinado ao Gabinete de Prensa da xefatura de protección Civil leonesa ata a súa xubilación. Finou en León o 25 de xuño de 2020.[1][2]

Obras editar

  • Bosquejo histórico de la comarca galaico-portuguesa del Támega.
  • La cuna de Colón.
  • Función del idioma en la Prensa.
  • Folclore leonés.
  • De ayer a hoy. Ráfagas leonesas, 2010.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar