José Altabella
José Altabella Hernández, nado en Caspe en 1921 e finado en Madrid o 28 de decembro de 1995[1], foi un xornalista e profesor español.
José Altabella | |
---|---|
Nacemento | 1921 |
Lugar de nacemento | Caspe |
Falecemento | 28 de decembro de 1995 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e profesor universitario |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi bolseiro do Centro de Estudios Históricos, sección de Bibliografía (1935-1936). Despois foi bolseiro da Hemeroteca Municipal de Madrid (1947-1951), correspondente de L´Écho de la Presse et de la Publicité, colaborador de Gaceta de la Prensa Española (1942-72); Mundo Estudios de Información; Comunicación XXI, e AEDE, e xefe de sección de ABC de Madrid dende 1967.
Profesor da Escola Oficial de Xornalismo (1951-1975) e da Escola de Xornalismo da Igrexa (1966-1974). Cursou a carreira de Ciencias da Información, licenciándose en 1976 coa primeira promoción e foi nomeado profesor desa Facultade da Universidade Complutense, sendo o primeiro catedrático de Historia do Xornalismo Español.
ObrasEditar
É autor de numerosos libros sobre historia do xornalismo. Ocupouse da prensa galega, sobre a que publicou os artigos:
- "El periodismo lucense hasta nuestros días", 11/8/1958, El Progreso.
- "Notas para una historia de la prensa en Orense", 1960.
- "Síntesis histórica del periodismo vigués", 1960-61.
- "Faro de Vigo y su proyección histórica", 1965. Con Francisco Leal Insua
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Biografía Arquivado 13 de setembro de 2016 en Wayback Machine. na Enciclopedia Aragonesa