Joaquín Merino
Joaquín Merino Pérez, nado en Madrid o 6 de maio de 1927 e finado na mesma cidade o 15 de decembro de 2011, foi un escritor, tradutor e xornalista español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1927 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 15 de decembro de 2011 ![]() Madrid, España ![]() |
Educación | Universidade de Deusto ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarLicenciouse en Dereito na Universidade de Deusto e logo trasladouse ao Reino Unido, onde se formou e estudou inglés. De volta a Madrid a comezos dos anos sesenta traballou como agregado turístico da embaixada británica en España e como asistente comercial para British Airways.
En 1964 estreouse como narrador coa novela La isla (Premio Café Gijón) e posteriormente dedicouse ao xornalismo cultural e gastronómico. Fíxoo na radio, en Radio Peninsular, no magazine de Luis del Olmo a comezos dos setenta e despois en distintas emisoras (Radio Nacional de España, COPE, Antena 3), xornais (ABC, Ya, Madrid, El Alcázar, La Estafeta Literaria, El País), e en Televisión Española ata que se fixo un sitio na edición española de La Voz de Galicia, coa que colaboraba a miúdo.
Como tradutor destaca o seu traballo ao verquer boa parte das obras de Sigmund Freud ao español.
Vida persoal e relación con Galicia
editarAdemais de casar cunha muller galega, Mercedes Pérez, na segunda metade da súa vida mantivo unha intensa relación con Galicia e a súa gastronomía, e chegou a publicar un libro sobre a cociña galega e unha guía turística de Vilagarcía de Arousa.
Obra
editarFicción
editar- Secundino (1963)
- La isla (1964)
- La cueva (1966)
- El hombre invisible
- Solo mirando (1970)
- Las violadoras (1980) - novela erótica
- Una chica con complejo (1980) - novela erótica
Non ficción
editar- Londres para turistas pobres (1959)
- Londres, ciudad centrífuga (1965)
- Londres para turistas ricos (1972)
- Londres para pecadores (1973)
- Confidencias más o menos pop (1973)
- Madrid para reprimidos (1974)
- Las cosas de la vida (1976)
- Yo, Madrid (1976)
- Yo, Londres (1977)
- Andar y charlar (1977)
- Galicia ensebre (1978)
- El Salmón en su mesa y su cocina (1989)
- La edad no es cosa de años. Manual y guía para cuarentones, cincuentones, sesentones y similares, cómo mantenerse joven y feliz (1991)
- Perla de Arousa (1992)
- Titanes de los fogones (2005)
- Historias de la buena vida (2006)