Joanna Russ

escritora, académica e feminista estadounidense

Joanna Russ, nada en Nova York o 22 de febreiro de 1937 e finada en Tucson o 29 de abril de 2011, foi unha escritora, académica e feminista radical estadounidense. É a autora de varias obras de ciencia ficción, fantasía e crítica literaria feminista como How to Suppress Women's Writing. A súa obra máis soada é The Female Man, unha novela que combina sátira e ficción utópica, que pode lerse como novela, así como na súa calidade de texto teórico.

Infotaula de personaJoanna Russ

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1937 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte29 de abril de 2011 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Tucson, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaBronx Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Cornell - grao en Artes
Yale School of Drama - Master of Fine Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio e Estudos de xénero Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , activista polos dereitos das mulleres , xornalista , escritora de literatura infantil , escritora de ciencia ficción , profesora universitaria , ensaísta , novelista , writer of feminist science fiction (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Washington Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoFicção científica feminista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm4008398 Find a Grave: 69150827 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Joanna Russ naceu no Bronx, na cidade de Nova York. Os seus pais, Evarett I. e Bertha (nada Zinner) Russ, foron ambos os dous profesores. Comezou a escribir ficción nunha idade moi temperá. A través dos anos, enche os seus cadernos con historias, poemas, banda deseñada e ilustracións, a miúdo encadernadas a man.[1]

Sendo estudante do último ano no Instituto William Howard Taft, Russ foi escollida entre os primeiros dez postos do Westinghouse Science Talent Search.[2][3] Gradúase na Universidade Cornell, onde estuda con Vladimir Nabokov  en 1957, e obtén un mestrado en Belas Artes na Yale Drama School en 1960. Despois de ensinar en varias universidades, incluíndo Cornell, pasa a ser profesora de tempo completo na Universidade de Washington.[4]

Notas editar

  1. "PCL MS-7: Joanna Russ Collection". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2011. Consultado o 13 de xuño de 2018. 
  2. "Joanna Russ". NNDB. 
  3. "Science Talent Search 1953". Society for Science & the Public. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2018. 
  4. "Guide to the Joanna Russ Papers, 1968–1989". Northwest Digital Archives. Consultado o 20 de marzo de 2011.