The Female Man

novela de Joanna Russ

The Female Man é unha novela de ciencia ficción feminista escrito por Joanna Russ e publicado en 1975.

The Female Man
Título orixinalThe Female Man
Autor/aJoanna Russ
OrixeEstados Unidos de América
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
EditorialBantam Books
Data de pub.febreiro de 1975
FormatoTapas brandas
Páxinas214
ISBNISBN 0-8070-6299-5
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

Partindo dunha idea de realidades paralelas, a autora constrúe catro personaxes centrais, como versións posíbeis dunha mesma muller: as catro "J"s. Cada unha delas vive na súa "terra posíbel": Joanna vive na "nosa terra" en 1970, Jeannine vive nunha terra na que a Gran Depresión nunca acabou, e onde os papeis de xénero son extremamente ríxidos, Jael vive nunha sociedade rachada polo medio, onde mulleres e homes viven en estado de guerra declarada hai 40 anos, e Janet vive nunha utopía futurística onde todos os homes morreron hai séculos.

A historia come<a cando Janet consegue chegar ó mundo de Jeannine, e boa parte dela está centrada no asombro de Janet fronte as relacións entre homes e mulleres. Russ usa o riso como elemento para rachar co que é cotiá. Ela esaxera as situacións patriarcais para xerar un riso crítico.