Abrir o menú principal

Joan Ribó i Canut, nado en Manresa (Barcelona) o 17 de setembro de 1947, é un catedrático de secundaria e político español, actual alcalde de Valencia por Compromís per València.

Joan Ribó
Joan Ribó

Escut de València.svg
Alcalde de Valencia
Actualmente no cargo
Dende o 13 de xuño de 2015
Precedido por Rita Barberá

Datos persoais
Nacemento 17 de setembro de 1947 (72 anos)
España Manresa (Barcelona)
Partido Compromís per València
Profesión Catedrático de Ensino Secundario

TraxectoriaEditar

Nado en Manresa, viviu en Adrall (Ribera d'Urgellet, Lleida) ata que se despraza a Barcelona para realizar os estudos de bacharelato. Estudou enxeñaría agrónoma na Universidade Politécnica de Valencia diplomándose posteriormente en tecnoloxía de alimentos. Realizou o doutoramento no Instituto agroquímicos de Valencia, onde despois continuou en tarefas de investigación arredor de praguicidas non contaminantes. Neste período publicou oito traballos de investigación e dirixiu tres memorias de licenciatura e tres teses doutorais para as facultades de Químicas e Biolóxicas da Universidade de Valencia.

Foi profesor durante sete anos da Universidade Politécnica de Valencia nas Escolas Superiores de Enxeñeiros Agrónomos e Industriais onde asumiu durante dous anos o cargo de Director do Departamento de Química (con carácter de interino). En 1978 aprobou as oposicións de profesor agregado de Física e Química de Ensino Medio. Cinco anos máis tarde obtivo por concurso de oposición a praza de catedrático. Dende ese momento desenvolveu o seu labor docente nos institutos de Bacharelato de Manises, os de Valencia (Sorolla e Distrito Marítimo) e o de Meliana, onde actualmente ten praza en excedencia para ser concelleiro no concello da cidade de Valencia.

Actividade políticaEditar

A súa actividade política comeza coa participación na constitución do Sindicato Democrático dende posicións ideolóxicas cristiás progresistas, próximas á Teoloxía da liberación (HOAC e Cristiáns polo Socialismo). Ingresa no Partit Comunista del País Valencià cando se constitúe a Xunta Democrática, converténdose en Secretario Xeral de EUPV na cidade de Valencia do 1992 ata 1997, cando é elixido Secretario Xeral de EUPV en deixar o cargo Albert Taberner. En 2003 deixa o cargo (agora coñecido co nome de Coordinador Xeral) en mans de Glòria Marcos. Ribó tamén formou parte das primeiras executivas de CCOO de Ensino sendo elixido delegado sindical en dúas eleccións sindicais.

Foi defensor das alianzas electorais con terceiros partidos, primeiro a chamada L'Entesa ás eleccións autonómicas de 2003 e despois de Compromís pel País Valencià nas eleccións autonómicas de 2007.

Foi deputado nas Cortes Valencianas entre 1995 e 2007. Dende 1999, ano en que é candidato por primeira vez na presidencia da Generalitat Valenciana, foi síndic do grupo parlamentario de EUPV. En 2003 anuncia que deixa o cargo de Coordinador Xeral de EUPV, sendo o voceiro do grupo parlamentario das Cortes Valencianas ata o final da lexislatura. Entre 2007 e 2010 deixa a política activa e retorna á súa actividade profesional, a de profesor de secundaria no instituto de Meliana.

A raíz da crise de EUPV, na que Esquerra Unida se partiu en dous, algúns dirixentes foron expulsados o mes de abril de 2008, como o propio Ribó, ou abandonaron a formación. En 2010, Joan Ribó volve á primeira plana política ao ser proclamado candidato de Coalició Compromís á alcaldía de Valencia nas eleccións municipais de 2011. A súa candidatura recibiu máis do 9% dos votos, e converteuse en terceira forza na casa do concello municipal con 3 concelleiros.

Dende a súa creación en xullo de 2012, Joan Ribó é un dos dous voceiros de estrutura na executiva de Compromís.

Preséntase novamente ás eleccións municipais en 2015, nas que Compromís acada os 9 concelleiros. Joan Ribó é investido alcalde de Valencia cos votos do seu partido, o PSPV e València en Comú.[1]


Predecesor:
Rita Barberá
  
Alcalde de Valencia
 
2015 - actualidade
Sucesor:
No cargo

NotasEditar

Véxase taménEditar