Joan Martí i Trenchs

(Redirección desde «Joan Martí y Trenchs»)

Joan Martí i Trenchs, nado en Sant Vicenç dels Horts en 1844 e finado no mesmo lugar o 22 de novembro de 1920, foi un escritor catalán que combinou a literatura co exercicio da farmacia.[1]

Infotaula de personaJoan Martí i Trenchs
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1844 Editar o valor em Wikidata
Sant Vicenç dels Horts, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de novembro de 1920 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Sant Vicenç dels Horts, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Relixióncatólica
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico
Partido políticoComunión Tradicionalista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoartigos de opinión, poesía
Pseudónimo literarioApagallums del Llobregat
Apagallums rovellat
Apagallums de Sant Vicens Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de John Martí Casellas, fundador da Casa Martí, e Francesca Trenchs Colom, casou con María Pastora Baltà Tristany, mestra de Sant Vicenç dels Horts. Fixo o bacharelato en Barcelona no ano 1868, graduouse en filosofía e letras en 1874 e en farmacia en 1879. Abriu unha botica de farmacia en Sant Vicenç dels Horts no ano 1877 que funcionou ata o ano 1920.

Comezou con artigos de carácter humorístico e popular no diario católico Lo burinot no ano 1879, que lle publicou o seu primeiro artigo chamado "Los esquilats". Tamén colaborou con outras edicións católicas e carlistas, como o semanario Lo crit d'Espanya e Lo crit de la pàtria, cos pseudónimos do "Apagallums del Llobregat", '"Apagallums rovellat" e '"Apagallums de Sant Vicens".[2] Nestes artigos fai unha crítica do movemento da Ilustración, xa que el era un seguidor do carlismo.

 
Poesies gallègues, 1917.

Desde o ano 1886 ata 1916, publicou once obras literarias de tema humorístico e festivo como La boyra (1886) ou Lo pot petit (1901), de crítica aos inimigos do carlismo como Lo lliberalisme es la ruina moral y material d'Espanya (1891), ou tamén de carácter pedagóxico como Fruyta tarada, errades catalanes molt usuals i regles ortográfiques (1916). Tamén foi tradutor ao catalán dalgúns poemas de Rosalía de Castro.[2]

No aspecto político, foi delegado da Unió Catalanista os anos 1901 e 1904.[1]

Obras destacadas editar

  • La boyra: manadet de cent cinquanta epigramas, uns quants epitafis tots de personas de carrera algunas composicions epigramáticas. Barcelona: Impr. de Juan Puigmaciá, 1886.
  • La tabola : un sach de riallas : capasas de fer esqueixar, y fins reventar y morir de riure als lectors. Barcelona: Propaganda Catalana, 1890.
  • Lo lliberalisme es la ruina moral y material d'Espanya. Barcelona: Estampa La Ilustración, 1891.
  • Lo pot petit o llibre dels perquès. Barcelona: Tipografia Gutenberg, 1901.
  • Dejuni i abstinència : qüestió sèria però tractada bastant humorísticament. Barcelona: Imprempta de R. Vives, 1913.
  • Fruyta tarada, errades catalanes molt usuals i regles ortogràfiques: precedits de records de la meva joventut. Barcelona: Badia, 1916.

Traducións editar

  • Rosalía de Castro (1917). Poesies gallegues. Barcelona: Gesbert y Vives. 

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Calbet i Camarasa, Josep M. (Josep Maria) (2001). Metges i farmacèutics catalanistes (1880-1906). Valls: Cossetània. pp. 102–103. ISBN 8495684055. 
  2. 2,0 2,1 Pérez Alcázar, Ricard (1999). L'Abans. Sant Vicenç dels Horts : recull gràfic 1890-1965. El Papiol: Efadós. p. 343. ISBN 8493136719. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar