Joan Alavedra

Escritor, xornalista, poeta e tradutor literario catalán

Joan Alavedra i Segurañas, nado en Barcelona en 1896 e finado en 1981, foi un escritor e xornalista catalán. Foi secretario da presidencia da Generalitat de Cataluña entre 1931 e 1934, durante as presidencias de Francesc Macià e Lluís Companys. No exilio, viviu en Prades (Francia), onde se encontraba decotío con Pompeu Fabra e a quen lle adicou un retrato literario en Personatges inoblidables (Barcelona, 1968). Foi biógrafo de Pau Casals, quen musicalizou, en forma de oratorio, o libro de Alavedra Poema del pessebre [1]

Infotaula de personaJoan Alavedra
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de novembro de 1981 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
El Raval, España Editar o valor em Wikidata
Q116486297 Traducir
1936 – 1939 (remoção do cargo (pt) Traducir)
← Enric Giménez i LloberasGuillermo Díaz-Plaja →
Q116486297 Traducir
1934 – outubro de 1934 (remoção do cargo (pt) Traducir)
← Adrià Gual (pt) TraducirEnric Giménez i Lloberas → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta , xornalista , tradutor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMacià Alavedra Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 02bda9f1-2b65-4843-ae9d-ef06155e4fb4 Editar o valor em Wikidata

Autodidacta, iniciou a súa actividade xornalística en Ràdio Barcelona. Os guións da súa actividade en Ràdio Barcelona foron publicados na recompilación "El fet del dia" (1935). A súa obra principal é o "Poema del pessebre" (1948), a partir do cal Pau Casals compuxo o oratorio El Pessebre. É autor dunha biografía de Pau Casals publicada en 1962 e dunha obra de divulgación adicada ao público infantil e xuvenil ("L'extraordinària vida de Pau Casals", 1970). Outras obras publicadas son "Conxita Badía. Una vida d'artista" (1975), "Pelegrins en Montserrat i altres escrits" (1971) e a biografía de Francesc Macià "Francesc Macià. El camí cap a la Presidència de la Generalitat, 1859-1926".

Na súa xuventude compartiu amizade e tertulias políticas e culturais con Joan Salvat-Papasseit e Emili Eroles.[2]

Un dos seus fillos foi Macià Alavedra i Moner, ex-dirixente de CDC e Conseller de Governació e de Economía e Finanzas da Generalitat de Cataluña.

Notas editar

  1. Cartes de Pompeu Fabra a l'exili, de Jordi Manent i Tomàs, publicado en AUSA · XIX · 145 (2000) p. 217-236.
  2. Esbós per a una biografia de Joan Salvat-Papasseit, de Tomàs Garcés, 1962. Publicat a Joan Salvat-Papasseit - Obra Completa, edició a cura de Carme Arenas Noguera, Cercle de Lectors / Galàxia Gutenberg, 2006.