O jinmeiyō kanji (人名用漢字?, lit. «caracteres chineses para usos de nomes persoais») é unha lista de 983[1] caracteres chineses, creados como un grupo suplementario dos caracteres que poden ser empregados de xeito legal para rexistrar nomes propios no Xapón, complementaria á lista de "caracteres usados comunmente" ou jōyō kanji, que se refire ós caracteres de uso cotiá no Xapón.

Exemplos dos caracteres do jinmeiyō kanji:
Enriba (de esquerda a dereita): 榊 - sakaki (unha árbore sagrada), 鵜 - u (corvo mariño), 岡 - oka (monte);
Abaixo (de esquerda a dereita): 袴 - hakama (Saia cerimonial); 倭 - Wa (Antigo Xapón); 國 - koku (país, forma tradicional).

Por regra xeral, os nomes propios xaponeses que se rexistran poden conter soamente caracteres do jōyō kanji (que se len coma nomes usados do método nanori), jinmeiyō kanji, katakana e hiragana. No Xapón, ensínase o jinmeiyō kanji a partir do ensino secundario, e requírese experiencia nel, o Nivel 2 do Kanji kentei, un exame de suficiencia no coñecemento dos kanjis.

Esta lista padeceu polo menos oito emendas (catro só no 2004) por parte do Ministerio de Xustiza, a través do Departamento de Asuntos Civís,[2] entidade encargada do rexistro de nomes e que a través da Lei de Rexistro Familiar (戸籍法 Kosekihō?),[3] respondeu á demanda dos pais que desexaban chamar os seus fillos con estes caracteres.

Notas editar

  1. Existen fontes onde se menciona que o jinmeiyō kanji ten 2 928 caracteres. A razón consiste no feito de que inclúe á lista de caracteres «jōyō kanji» que comprende 1 945 kanjis; porén, non son de uso exclusivo en nomes.
  2. Funcións do Departamento de Asuntos Civís do Ministerio de Xustiza do Xapón (en inglés)
  3. Kosekihō - Lei de Rexistro Familiar Arquivado 03 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en xaponés)