Jess Wade

Jessica Alice Feinmann Wade -ou Jess Wade- , nada en Londres en 1988, é unha física británica, investigadora no laboratorio Blackett, no Imperial College de Londres.[1]

Jess Wade
Jess Wade in Chicago (cropped).jpg
Nacemento1988
 Londres
Alma máterImperial College London e South Hampstead High School
Ocupaciónfísica
NaiCharlotte Feinmann
PremiosDaphne Jackson Medal and Prize, Wikimedian of the year - honorable mention, Robin Perrin Award, Jocelyn Bell Burnell Medal and Prize, British Empire Medal, Julia Higgins Medal, Change Agent Abie Award e Nature's 10
editar datos en Wikidata ]

A súa investigación centrase na creación de diodos emisores de luz (LEDs) baseados en polímeros.[1] É moi coñecida polo seu compromiso público co equilibrio de xénero nas áreas de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM), especialmente no que se refire á promoción da física entre as nenas.[2][3][4] Inspirada por Emily Temple-Wood escribe en Wikipedia sobre científicas, unha cada día.[5]

Premios e recoñecementosEditar

En 2017, Wade gañou o premio Robin Perrin de ciencia dos materiais do Instituto de Materiais, Minerais e Minería (IOM3). Ese mesmo ano outorgóuselle a Medalla Julia Higgins do Imperial College, en recoñecemento do seu traballo para apoiar a igualdade de xénero.[6]

En 2018, a Medalla e Premio Daphne Jackson do Instituto de Física (IOP).[7] E no mesmo ano, a revista Nature incluína entre as dez persoas máis importantes no campo das ciencias.[8]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Dr.JessicaWade, Faculty of Natural Sciences, Department of Physics". Consultado o 8-2-2020. 
  2. Martín, Bruno (8-7-2018). "La mujer que añade una científica cada día a la Wikipedia". El País (en castelán). 
  3. "Científicas Casio. Jess Wade". Consultado o 8-2-2020. 
  4. "Una científica en tu calculadora". Mujeres con ciencia (en castelán). 2020-06-12. Consultado o 2020-06-13. 
  5. Wade, Jess; Zaringhalam, Maryam (2018-08-14). "Why we’re editing women scientists onto Wikipedia". Nature (en inglés). doi:10.1038/d41586-018-05947-8. 
  6. Nixon, Elizabeth (23-11-2017). "Imperial celebrates work to support gender equality". imperial.ac.uk (en inglés). Consultado o 29-3-2020. 
  7. IOP Institute of Physics (ed.). "Medalla e Premio Daphne Jackson 2018". 
  8. Nature. Nature’s 10. Ten people who mattered this year (ed.). "Nature. Nature’s 10. Ten people who mattered this year".