Jesús Romero Álvarez

carpinteiro, sindicalista e político galego

Jesús Romero Álvarez, nado en Leiro cara a 1885, foi un carpinteiro, sindicalista e político galego.

Infotaula de personaJesús Romero Álvarez
Biografía
Nacemento1885 Editar o valor em Wikidata (138/139 anos)
Leiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , sindicalista , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Carpinteiro en Barzamedelle (Bieite). Presidente da Sociedade de Oficios Varios de Leiro, na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido por "manifestarse desfavorablemente en contra del Estado" xunto co secretario da sociedade Ginés Alemparte Alén e outros veciños. Foron liberados días despois.[1] Logo do triunfo da Frote Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Leiro en marzo, na nova corporación presidida por Manuel Fernández Neira.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Procesado en decembro de 1939, foi xulgado en Ourense por auxilio á rebelión o 21 de febreiro de 1940. Foi condenado a 20 anos e un día de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en maio de 1940.[3] Satisfeita a sanción, recuperou a libre disposición dos seus bens en maio de 1942.[4]

  1. Galicia, 18-10-1934, p. 1.
  2. La Región, 22-3-1936, p. 4.
  3. BOE, 13-5-1940, p. 2374.
  4. BOE, 4-5-1942, p. 2144.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar