Jesús Ordovás, nado en Ferrol en 1947, é un xornalista, escritor e locutor de radio galego.

Modelo:BiografíaJesús Ordovás
Biografía
Nacemento1947 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, crítico musical Editar o valor en Wikidata

BNE: XX969470 Discogs: 1871634 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Jesús Ordovás cursou os estudos de socioloxía en Madrid, onde os compaxinou coa súa atracción polas novidades que se producían no panorama da música pop e rock da década de 1970. En 1974 escribía de forma habitual en publicacións musicais, como AU, Ozono e Disco Express. En 1979 converteuse en director do espazo Diario Pop de Radio 3, de Radio Nacional de España.

Traxectoria

editar

É considerado un dos principais impulsores do movemento contracultural xurdido durante os primeiros anos da Transición Española, coas movidas viguesa e madrileña[Cómpre referencia]. Colaborou en varios xornais e revistas, como El País, El Mundo, Diario 16, La Vanguardia ou Faro de Vigo, entre outros.

Tamén publicou diversas obras, todas elas relacionados coa música, como, Bob Dylan, ¿Quién mato a Jimmy Hendrix?, El rock ácido de California (1975), De qué va el rollo (1977), Bob Marley (1980), Historia de la música pop española (1986) ou Siniestro Total. Apocalipsis con grelos (1993).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar