Jesús Bernárdez Gómez

mestre e político galego

Jesús Bernárdez Gómez, nado en Redondela o 24 de agosto de 1915 e finado en Cidade de México o 15 de outubro de 2009, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaJesús Bernárdez Gómez
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1915 Editar o valor em Wikidata
Redondela, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de outubro de 2009 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiTelmo Bernárdez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Telmo Bernárdez Santomé e Isabel Gómez. Cando rematou o bacharelato ingresou na Escola Normal de Maxisterio de Pontevedra en 1931, igual que os seus irmáns Isabel e Telmo. Cando estudante militou na Federación Universitaria Escolar, da que foi secretario en 1933.[1] Aos 18 anos integróuse na Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), pasando despois a militar en Izquierda Republicana, organización da que foi presidente de Redondela. Foi mestre no Pósito de mariñeiros de Cangas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido co seu pai e o seu irmán Telmo e estiveron presos na Illa de San Simón. Escapou do cárcre de Redondela e refuxiouse en Porto grazas á axuda do socialista portugués Mario Cal Brandao. Logo dunhas semanas marchou a Francia nun mercante noruegués, e regresou á zona leal. Foi soldado e oficial de Enxeñeiros, combateu na Batalla do Ebro, e conseguiu o grao de tenente na Escola Popular de Guerra de Barcelona. Ao rematar da guerra pasou a Francia e estivo no campo nº 5 bis de Argelès-sur-Mer. De alí marchou a México chegando a Veracruz a bordo do Buque Ipanema. Recibiu ayuda do JARE e SERE. En México foi presidente do Centro Republicano Español de México e da Comisión Pro-monumento da emigración republicana española a Lázaro Cárdenas. Asinou o manifesto "A la emigración republicana española y a los republicanos gallegos" xunto cos galegos de Izquierda Republicana Laureano Poza Juncal, Elías Arias Parga e Ramón Padín, no folleto "Conducta seguida a causa de la representación gallega en el Gobierno".[2] Formou parte do cadro de profesores do Colegio Madrid, do Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón e foi catedrático de Análise Alxebraica na Escuela Normal Superior. En 1976 regresou a España onde pasou tempadas durante os últimos anos da súa vida e foi un dos fundadores do Centro de Investigaciones y Estudios Republicanos (CIERE).

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 22-10-1933, p. 8.
  2. Sixirei Paredes, Carlos (1987). Alfredo Somoza. Encadramento histórico dunha figura esquecida do galeguismo. Sada: Do Castro. p. 94. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar