Jei Noguerol

músico galego

José Antonio González Noguerol, nado en Covas (Viveiro) o 1 de xuño de 1950, é un músico galego, máis coñecido como Jei Noguerol. Reside en Barcelona onde exerce a docencia no ensino medio[1].

Modelo:BiografíaJei Noguerol
Biografía
Nacemento(es) José Antonio González Noguerol Editar o valor en Wikidata
1 de xuño de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Covas, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBarcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, catedrático Editar o valor en Wikidata

BNE: XX838315

Traxectoria

editar

É licenciado en filoloxía hispánica e en filoloxía galaico-portuguesa. Ten ademais estudos de dereito, guitarra e solfexo. Afincouse en Barcelona desde moi novo onde é profesor numerario de Ensinanza Secundaria de lingua e literatura castelá[1].

A súa carreira musical comezouna en 1971 coa publicación dun sinxelo con dúas cancións: Denantes dos vinte anos e ¿Queres ser mar do meu río?. Os dous seguintes traballos son tamén senllos sinxelos: Nunha Tarde... Un Pensamento / Compañeiro (1972) e Señor Ministro, Por Favor / Cabaleiros (1974). En 1976 editou o seu primeiro LP, un álbum de 10 cancións: 8 inéditas e dúas xa coñecidas, a que dá título ao disco e Señor Ministro, Por Favor[2].

O seu segundo LP apareceu en 1978 co título Cantigas da Fradería[2]. A discográfica Ruada elixiu a súa canción Cabaleiros para o álbum colectivo 7 Anos De Canción Galega, publicado en 1979[3].

Logo dunha pausa de cinco anos, en 1984 editou o seu terceiro LP, Polo Atlántico Norte[4]. En agosto de 1985 participou en dous importantes eventos: o día 4 actúa no IV Festival de Pardiñas, organizado en Pardiñas (Guitiriz) pola Asociación Cultural Xermolos; e o día 31 é un dos artistas que homenaxean a José Afonso no parque de Castrelos de Vigo. Deste concerto saíu posteriormente no ano 2000 unha escolma dos temas que soaron nel, entre os que se encontra Érase unha vez, cantado por Jei Noguerol.

A partir de 1985 decrece a súa actividade musical. Tan só publica en 1989 un sinxelo (Marea baixa de azuis / A miña voz)[5] e un LP en 1997 (Lúa Nova)[6].

Obra poética

editar

Outros traballos e recoñecementos

editar

Traduciu ao castelán Follas novas de Rosalía de Castro, fundou o grupo Evasión e musicou dúas obras de Valle-Inclán[1].

Entre os galardóns recibidos destacan o premio á mellor letra no primeiro Festival da Canción Misioneira de Santiago de Compostela, o primeiro premio do XIV Festival de panxoliñas novas de Pamplona, o premio do Padroado Rosalía de Castro (1980) e o premio da Festa do Marisco do Grove (1983)[1].

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Galicia Digital (ed.). "José Antonio González Noguerol". Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Discogs (ed.). "Jei Noguerol". Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  3. SGAE (ed.). "7 Anos De Canción Galega". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  4. galizaenmusica (ed.). "Jei Noguerol. Polo Atlántico Norte (1984)". Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  5. worldcat.org (ed.). "Marea baixa de azuis ; A miña voz". Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  6. discoscaramelo (ed.). "Jei Noguerol - Lua Nova (1997)". Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  7. "Presentación de Folgos en Vigo". galaxia.gal. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2021. Consultado o 07 de xullo de 2021.