Jeanneth Beltrán

 

Infotaula de personaJeanneth Beltrán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1984 Editar o valor em Wikidata
Nicaragua Editar o valor em Wikidata
Morte23 de maio de 2014 Editar o valor em Wikidata (29/30 anos)
Toledo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNicaragua Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntraballadora doméstica Editar o valor em Wikidata

Jeanneth de los Ángeles Beltrán Martínez, coñecida como Jeanneth Beltrán, nada en Nicaragua en 1984 e finada en Toledo o 23 de maio de 2014, foi unha migrante nicaraguana en situación irregular en España que faleceu tras máis de catro horas de espera nas urxencias do hospital de Toledo sen ser atendida. O seu caso converteuse en símbolo de reivindicación por unha sanidade universal, así como dos dereitos das persoas migrantes e das empregadas domésticas. En 2018 constituíuse na súa honra o Observatorio Jeanneth Beltrán para a incidencia política e denuncia de abusos no sector das empregadas de fogar.

Falecemento de Jeanneth Beltrán

editar

O venres 23 de maio, ás 18:30 horas, Jeanneth Beltrán chegou ás Urxencias do Hospital Virxe da Saúde de Toledo desde Ajofrín en compañía doutra muller. Tiña fortes dores de cabeza, a metade da cara paralizada, vómitos e molestias en todo o corpo. A súa acompañante relatou que no hospital pedíronlle o pasaporte da paciente e que como non o tiña tentou ofrecer os seus papeis "para que, polo menos, tivesen algo, pero negáronse. Non, non, non, dicíanme”. Relatou así mesmo que, ante a espera e o agravamento do estado de saúde da enferma, estivo a chamar reiteradamente ao persoal de saúde do hospital pero que ninguén lle facía caso e que só lle pedían que calase, con moi malas formas. Dixo que ás 22:30 horas Beltrán empezou a vomitar “moi escuro” e convulsionar, motivo polo que, ante a falta de atención dispúxose a trasladala a outro hospital. Este foi o momento no que o persoal de urxencias decidiu facer pasar á paciente. Dúas horas e media máis tarde un médico saíu para comunicarlle o seu falecemento.

Tras destes sucesos o hospital emitiu unha nota informando que se abriu unha investigación co fin de determinar as causas. En devandita nota a institución indicaba que o seu servizo de urxencias ese día non presentaba ningún tipo de saturación, nin tiña pacientes en espera de cama, lembrando, ademais, que o hospital contaba con todos os recursos dispoñibles para adecualos ás necesidades asistenciais, á vez que pedía respecto pola investigación en curso.[1]

Transcorrido un mes do falecemento de Jeanneth Beltrán, o hospital enviou un aviso ao seu nome no que lle daban un prazo de vinte días para presentar a documentación, alertando de que no caso de non obter contestación pasaríaselle a factura correspondente pola asistencia. Unha documentación consistente nunha “fotocopia do cartón sanitario da Seguridade Social ou cartón europeo”, da que Beltrán carecía ao atoparse en situación irregular en España.[2]

Reaccións á morte de Jeanneth Beltrán

editar

Despois do falecemento de Jeanneth Beltrán iniciáronse de oficio dilixencias de investigación que posteriormente foron arquivadas. No seu informe, o fiscal encargado concluía que a atención sanitaria foi correcta e que non houbo indicios, "nin sequera mínimos", da comisión dun delito. Sinalou, así mesmo, que nas urxencias do hospital fixéronselle as preguntas pertinentes, a través das cales se identificaron uns síntomas de moderada urxencia, non atopando, polo tanto, relación algunha entre a morte de Jeanneth Beltrán e a atención sanitaria que recibiu. A resolución do fiscal destacou, ademais, que non existía ningún diagnóstico previo, non constando a enfermidade no historial da paciente.[3]

Pola súa banda, organizacións sociais como Yo Sí Sanidad Universal,[4] Sociedad Madrileña de Medicina de Familia y Comunitaria,[5] Territorio Doméstico e Senda de Cuidados[6] denunciaron que Jeanneth Beltrán padecía unha enfermidade pouco frecuente, pero de sinxelo diagnóstico –unha infección renal– que fose facilmente controlable a través dun seguimento no servizo de atención primaria de saúde. Posibilidade esta que lle foi negada con motivo da aplicación do Real Decreto 16/2012 que exclúe desta cobertura a persoas migrantes sen papeis. Así mesmo, denunciaban que:[7][8][9]

Esta norma ha supuesto un cambio de modelo sanitario en el que la universalidad ha sido sustituida por un sistema de aseguramiento, quedando la ciudadanía dividida entre quienes tienen derecho a recibir atención y quienes han perdido dicho derecho. Una transformación que se ha producido sin debate parlamentario alguno y con una fuerte oposición social y de las y los profesionales de la salud, como indican las más de 2.300 objeciones presentadas ante la Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria (SEMFYC).
Esta norma supuxo un cambio de modelo sanitario no que a universalidade foi substituida por un sistema de aseguramento, quedando a cidadanía dividida entre quen ten dereito a recibir atención e quen perdeu dito dereito. Unha transformación que se produxo sen debate parlamentario algún e cunha forte oposición social das e dos profesionais da saúde, como mostran as máis de 2.300 obxeccións presentadas ante a Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria (SEMFYC).
Informe Registro Estatal para la Denuncia de la Exclusión Sanitaria (REDES).

Nunha carta aberta remitida por Yo Sí Sanidad Universal ao fiscal, destácase que as molestias de Jeanneth Beltrán empezaran bastante tempo atrás, pero que ela sabía que “debía aguantar ata que lle chegasen os papeis”, porque non quería arriscarse a non poder pagar a factura sanitaria e que, como contrapartida, castigáranna coa probable cancelación do dereito á residencia.[8]

Respecto ao requirimento da documentación por parte do hospital tras o falecemento de Beltrán, a mesma organización defensora da sanidade universal sinala que o centro non debeu reclamarlle a facturación, xa que é un dos poucos supostos que o Real Decreto 16/2012 prevé para atender ás persoas que exclúe da cobertura sanitaria. En concreto destaca que a norma establece que: “os estranxeiros non rexistrados nin autorizados recibirán asistencia sanitaria de urxencia por enfermidade grave ou accidente calquera que sexa a súa causa”.[2][7]

Observatorio Jeanneth Beltrán

editar

Os colectivos Senda de Cuidados e Territorio Doméstico crearon en 2018 o Observatorio Jeanneth Beltrán para a promoción dos dereitos no emprego do fogar e coidados. Segundo as súas impulsoras, o obxectivo do Observatorio é pór en evidencia as situacións de desprotección que padecen as mulleres do sector no seu traballo, para sistematizalas e difundilas, facendo de altofalante ante as institucións e a sociedade en xeral.[10]Ao acto inaugural que tivo lugar o 19 de maio, ademais dos colectivos convocantes, acudiron a asociación Las Kellys e as Trabajadoras de Residencias de Bizkaia, así como traballadoras de axuda a domicilio de Móstoles, Fuenlabrada e Alcobendas, entre outras.[11]Posteriormente, o Observatorio puxo en marcha a Escola de Activismo e Formación Política para as Traballadoras do Fogar Jeanneth Beltrán.[10]

No ano 2022, Ameco Press, Información para a igualdade, outorgou ao Observatorio Jeanneth Beltrán o Premio especial do xurado. No acto de recollida de devandito recoñecemento, as integrantes corearon algunhas das súas consignas, entre elas a de: “querían brazos e chegaron persoas”.[12]

  1. Miranda, Francisca Bravo (2014-05-25). "Muere una mujer nicaragüense, tras más de cuatro horas de espera en las Urgencias de Toledo" (en castelán). Consultado o 2024-02-11. 
  2. 2,0 2,1 Rejón, Raúl (2014-07-07). "Un hospital manda un aviso de cobro a una mujer que murió tras varias horas sin atención en Urgencias" (en castelán). Consultado o 2024-02-11. 
  3. "El fiscal archiva el caso de la nicaragüense que murió en Urgencias de Toledo" (en castelán). 2015-02-16. Consultado o 2024-02-11. 
  4. "Yo Sí Sanidad Universal". 
  5. "Sociedad Madrileña de Medicina de Familia y Comunitaria". 
  6. "Senda de Cuidados". 
  7. 7,0 7,1 "BOE-A-2012-5403 Real Decreto-ley 16/2012, de 20 de abril, de medidas urgentes para garantizar la sostenibilidad del Sistema Nacional de Salud y mejorar la calidad y seguridad de sus prestaciones.". Consultado o 2024-02-11. 
  8. 8,0 8,1 "Carta abierta al fiscal jefe de la Audiencia Provincial de Toledo" (en castelán). 2015-04-09. Consultado o 2024-02-11. 
  9. "Informe Registro Estatal para la Denuncia de la Exclusión Sanitaria (REDES)". septiembre de 2014. Consultado o 2024-02-11. 
  10. 10,0 10,1 Pimentel, Rafaela; Ciseneros, Constanza; Caballero, Amalia; Rojo, Ana (2021). Biosindicalismo desde los territorios domésticos. Nuestros reclamos y nuestra manera de hacer. p. 46. ISBN 9788419833006. 
  11. iglobal. "Jeanneth Beltrán archivos" (en castelán). Consultado o 2024-02-12. 
  12. "AMECO premia la labor de las redes de mujeres en el periodismo". 2022-06-22. Consultado o 2024-02-12. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar