Jean Rey
químico francés
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Jean Rei, nado en Le Bugue (Dordoña) en 1583 e finado na mesma vila en 1645, foi un médico e químico francés.
Jean Rey | |
---|---|
Nacemento | 1583 |
Lugar de nacemento | Le Bugue |
Falecemento | 1645 |
Lugar de falecemento | Le Bugue |
Nacionalidade | Reino de Francia |
Alma máter | Universidade de Montpellier |
Ocupación | médico e químico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou medicina na Universidade de Montpellier e despois practicou a medicina na súa cidade nativa, tivo correspondencia con René Descartes e Marin Mersenne. Descubriu que o peso do chumbo e do estaño aumentaba ó ser queimado, atribuíu este fenómeno ó peso de aire, xa que cría que era máis denso cando estaba quente (Essays, 1630) e que se introducía no estaño e no chumbo facendo que aumentase o seu peso. Esta hipótese sería confirmada máis adiante por Antoine Lavoisier, case un século máis adiante. O seu descubrimento do peso de aire tamén fixo posible a invención do barómetro de Evangelista Torricelli en 1643.