Jean Ranc
Jean Ranc, nado en Montpellier o 28 de xaneiro de 1674 e finado en Madrid o 1 de xullo de 1735, foi un retratista barroco francés, que serviu na corte de Lois XV de Francia e de Filipe V de España.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1674 Montpellier, Francia |
Morte | 1 de xullo de 1735 (61 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Lisboa (1729–1730) Madrid (1723–1735) París (1696–1722) |
Ocupación | pintor |
Período de actividade | 1694 - 1735 |
Xénero artístico | Retrato |
Profesores | Antoine Ranc e Hyacinthe Rigaud |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Marguerite Elisabeth Rigaud |
Traxectoria
editarAlumno e seguidor de Hyacinthe Rigaud, desde 1723 colocouse como pintor de cámara na corte do monarca español Filipe V, de orixe francesa.
Mantivo serias disputas co seu colega Michel-Ange Houasse por celos artísticos e desexos de sobresaír na Corte. O incendio do Alcázar de Madrid, ocorrido no Nadal de 1734, que destruíu por completo a antiga residencia dos Austrias, iniciouse na habitación de Ranc, que tiña problemas de visión. No lugar que ocupaba dito edificio construíuse o actual Palacio Real de Madrid. Jean Ranc morreu seis meses despois do incendio, sumido nunha forte depresión.
A súa obra Vertumno e Pomona (Montpellier, Museo Fabre), arquetipo da beleza barroca no século XVIII, puido ter inspirado algún dos cartóns para tapices de Francisco de Goya, como O parasol.
Galería
editar-
Retrato ecuestre de Filipe V, Museo do Prado.
-
Carlos III de Borbón.
-
Retrato de muller.
-
Retrato do pintor François Verdier.
-
O rei Lois XV de Francia.
-
O rei Carlos III de España.
-
Filipe I de Parma neno.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean Ranc |