Jerome Apt
astronauta e científico estadounidense
(Redirección desde «Jay Apt»)
Jerome "Jay" Apt III, nado en Springfield, Massachusetts, o 28 de abril de 1949, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-37, STS-47, STS-59 e STS-79.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1949 (75 anos) Springfield, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Harvard Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Shady Side Academy (en) |
Director de tese | David E. Pritchard (pt) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta , profesor universitario |
Empregador | NASA, astronauta Universidade Carnegie Mellon |
Tempo no espazo | 35 días, 7 horas e 10 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios |
Traxectoria
editarApt graduouse en física pola Universidade de Harvard en 1971 e é doutor na mesma materia polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1976.[1][2]
Foi seleccionado como candidato astronauta pola NASA en xuño de 1985, completando o seu adestramento en xullo de 1986 e participando nas misións STS-37, STS-47, STS-59 e STS-79. Pasou un total de 35,30 días no espazo. Retirouse da NASA en maio de 1997.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Apt, Jerome III 'Jay'" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (setembro de 2020). "JAY APT (PH.D.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jerome Apt |