Javier Rodríguez Pampín

político galego

Ulpiano Javier Rodríguez Pampín, nado en Melide, é un político galego.

Javier Rodríguez Pampín
Nome completoUlpiano Javier Rodríguez Pampín
Lugar de nacementoMelide
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Concelleiro en Melide dende 1974, sendo tenente de alcalde[1]. En 1976 foi nomeado alcalde[2]. Presentouse ás eleccións municipais de 1979 por UCD e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou Coalición Popular (como membro do PDP) e foi reelixido cunha ampla maioría absoluta (9 concelleiros de 13). Foi deputado provincial entre 1979 e 1987. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da CPG, sendo o máis votado pero sen maioría absoluta, polo cal perdeu a alcaldía en favor de AP que pactou un goberno alternativo cos independentes de Unidade dos Veciños. Á fin dese mandato retirouse da primeira liña política[3].


Predecesor:
?
  
Alcalde de Melide
 
1976 - 1987
Sucesor:
Manuel Ángel Rey Rodríguez


NotasEditar

  1. Entrevista en La Voz de Galicia Santiago, 2-11-1986 p.43
  2. Entrevista en La Voz de Galicia Santiago, 2-11-1986 p.43
  3. Nova en La Voz de Galicia Santiago, 7-2-1991 p.34

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar