Javier Rodríguez Galiano

futbolista galego

Javier Rodríguez Galiano, coñecido como Javi Rodríguez, nado en Poio o 26 de xuño de 2003, é un futbolista galego, que xoga como defensa central ou lateral dereito no Celta Fortuna, da Primeira División RFEF.

Javi Rodríguez
Información persoal
Nome Javier Rodríguez Galiano
Nacemento 26 de xuño de 2003
Lugar de nacemento Poio
Posición Defensa central
Lateral dereito
Información de club
Club actual Celta Fortuna
Número 20
Carreira xuvenil
Marcón Atlético
–2022 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2022–2023 Gran Peña 12 (2)
2022– Celta Fortuna 23 (3)
2023– Celta de Vigo 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 6 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol no Marcón Atlético, ingresando na canteira do Celta de Vigo en idade benxamín.[1][2] Tras subir polas diferentes categorías inferiores do club, na tempada 2022/23 debutou co segundo filial, o Gran Peña, na Terceira División RFEF. Durante esa tempada disputou tamén os seus primeiros partidos co Celta Fortuna, ao que subiu definitivamente na tempada 2023/24.

O 1 de novembro de 2023 debutou co primeiro equipo do Celta de Vigo, da man do adestrador Rafa Benítez. Foi nun partido da Copa do Rei fronte ao Turégano, onde substituíu na segunda parte a Carlos Domínguez.[2]

Notas editar

  1. V. F., Míriam (24 de xaneiro de 2023). "Javi Rodríguez, de tener un pie fuera del Celta, a brillar en casa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Javi Rodríguez, primer canterano del Celta en debutar con Rafa Benítez". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de novembro de 2023. Consultado o 6 de novembro de 2023.