Carlos Domínguez

futbolista galego
(Redirección desde «Carlos Domínguez Cáceres»)

Carlos Domínguez Cáceres, nado o 11 de febreiro de 2001 en Vigo, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Real Club Celta de Vigo da Primeira División de España de fútbol.

Infotaula de personaCarlos Domínguez
Biografía
Nacemento(gl) Carlos Domínguez Cáceres Editar o valor em Wikidata
11 de febreiro de 2001 Editar o valor em Wikidata (23 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2024-   Galicia 1(0) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Nado na cidade viguesa e formado nas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo, foi capitán do conxunto sub-19 celeste na División de Honra Xuvenil ata que na tempada 2020-21 é ascendido ao filial. Debutou co equipo B o 22 de novembro de 2020, cando entrou como substituto de Alberto Solís nun partido que gañou o conxunto galega fronte ao Zamora C.F. por 2 a 0.

Por mor de varias lesións no primeiro equipo, Carlos fora convocado por vez primeira co Celta o 9 de maio de 2021 para disputar un encontro de liga fronte ao Villarreal CF, onde sería titular e o equipo vigués gañaría por 2 a 4. O 11 de xaneiro de 2022 faise oficial a súa renovación o Celta ata 2026.

Selección galega

editar
 
Carlos Domínguez coa selección galega (2024).

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[1]

  Actualizado no último partido disputado o 4 de xuño de 2023 .

Club País Ano Partidos Goles
Celta de Vigo B   Galicia 2020-act. 50 1
Celta de Vigo   Galicia 2021-act. 19 0
  1. "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar