Javier Hermida

regatista galego

Francisco Javier Hermida Freijomil, nado en Ferrol o 8 de abril de 1968, é un ex-regatista galego, que competía nas clases Star e Soling.

Infotaula de personaJavier Hermida
Biografía
Nacemento8 de abril de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónregatista Editar o valor em Wikidata
Deportevela Editar o valor em Wikidata

Foi subcampión do mundo de Soling de 1997 e subcampión europeo de Star en 1993. Participou nos Xogos Olímpicos de 1996, xunto con José Luis Doreste, conseguindo un sétimo posto e o diploma olímpico.

Traxectoria

editar

Nacido en Ferrol, aos 4 anos trasladouse ás Illas Canarias, a onde foi destinado seu pai, mariño de guerra.[1][2] Comezou a practicar vela aos nove anos en Lanzarote e en 1989 disputou o seu primeiro Campionato do Mundo de Star facendo parella co campión olímpico Alejandro Abascal. Anos despois comezou a competir co experimentado José Luis Doreste, cinco veces olímpico e medalla de ouro en Seúl 1988.[1] Foron subcampións europeos en 1993 en Dinamarca e competiron xuntos no Campionato do Mundo de Star entre os anos 1993 e 1996, sendo o seu mellor resultado o sexto posto de 1993.[3] En 1996 participaron nos Xogos Olímpicos de Atlanta, tamén na clase star, rematando no sétimo lugar, obtendo así un diploma olímpico.[4]

En 1997 foi subcampión mundial da clase soling en Copenhague, navegando xunto a Manuel Doreste e José Luis Wood.[5] Ao ano seguinte disputou unha nova edición do Mundial de Star, esta vez xunto a José María van der Ploeg, rematando na sexta praza.

Tras deixar as competicións, converteuse en adestrador, logrando os seus pupilos varios campionatos e subcampionatos de España.[6] En 2014 regresou a Ferrol, onde se puxo á fronte da sección de vela do Club Grupo Bazán.[2]

Palmarés internacional

editar
Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Clase
1997   Copenhague   Prata Soling
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Clase
1993   Skødstrup   Prata Star
  1. 1,0 1,1 "Viento de oro". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 1996. p. 59. 
  2. 2,0 2,1 Alonso, Álvaro (13 de xullo de 2015). "Javier Hermida: «Empecé a navegar por curiosidad»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2021. 
  3. "Resultados do Campionato do Mundo de Star". starclass.org (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2021. 
  4. "Clase Star nos Xogos Olímpicos de 1996". olympedia.org (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2021. 
  5. "Manuel Doreste, plata en el Mundial". El País (en castelán). 27 de xullo de 1997. Consultado o 9 de setembro de 2021. 
  6. "La escuela del Grupo Bazán ficha a un nuevo equipo técnico". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de outubro de 2014. p. L11. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar