Javier Dorado Soto
Javier Dorado Soto, nado en Vigo en 1988 é un político galego do Partido Popular.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1988 (36 anos) Vigo, España |
Parlamento de Galicia | |
Goberno e política de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, management consultant (en) , Consultor empresarial (pt) |
Partido político | Partido Popular |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Afiliado a Novas Xeracións desde os 16 anos, foi vicepresidente local de NNGG de Vigo, presidente provincial de NNGG de Pontevedra (2007-2010) e presidente de Novas Xeracións de Galicia (2010-2014). Actualmente é Secretario Xeral Nacional de Nuevas Generaciones.[1] Desde abril de 2011 é membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular.[2]
Foi elixido deputado por Pontevedra nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012,[3] tomando posesión en febreiro de 2013. Foi voceiro de Xuventude e Voluntariado do Grupo Parlamentario Popular.
Colaborou con medios de comunicación televisiva, radiofónica e escrita, como o blog 'El Dorado' no periódico dixital Periodista Digital.[4] E formou parte da mesa política de Las mañanas de Cuatro en Cuatro.
En decembro de 2016 foi nomeado director xeral do Instituto de la Juventud.[5]
Notas
editar- ↑ "Javier Dorado: "Si la crisis tiene algo positivo, es que ha obligado a personas, empresas y administraciones a apretarse el cinturón"". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2016.
- ↑ "Miembro comité ejecutivo PP". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2016.
- ↑ "Información sobre o deputado Javier Dorado". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2016.
- ↑ "Blog El Dorado". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2016.
- ↑ "El vigués Javier Dorado, nuevo director del Instituto de la Juventud". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2016.