Jaume Huguet

artista español

Jaume Huguet, nado en Valls en 1412 e finado en Barcelona en 1492, foi un pintor gótico catalán. O seu estilo é unha evolución do gótico internacional cara ás innovacións incorporadas dende a pintura flamenga. A súa formación realizouse entre Valencia, Tarragona e Barcelona, mais non se descarta que puidese visitar Sardeña ou Nápoles, que formaban parte da coroa de Aragón. Desenvolveu a súa máxima actividade en Barcelona a partir de 1448, onde creou un obradoiro que practicamente monopolizou a realización de retablos en Cataluña durante a segunda metade do século XV, unha vez mortos Bernat Martorell e Lluís Dalmau. O seu obradoiro estaba formado polos seus discípulos e tamén por membros da familia Vergós con quen mantivo unha estreita relación persoal. Unha parte importante da súa obra perdeuse en revoltas que destruíron as igrexas que contiñan e a maioría do que se conserva son paneis de retablos que estiveron desmontados.

Jaume Huguet
Nacemento1412
Lugar de nacementoValls
Falecemento1492
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeCoroa de Aragón
Ocupaciónpintor
Coñecido porThe Consecration of Saint Augustine
Na rede
Musicbrainz: b8527ba2-f337-401b-85ba-062ffd81ff19 Discogs: 4832495 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Retablo de Santo Abdón e San Senén na igrexa de Santa María de Terrassa.
Retablo do Condestable ou da Epifanía.

O Museo Nacional de Arte de Cataluña ten a colección máis importante de obras do artista, cunhas 25 pinturas.

Traxectoria Editar

Orixinario dunha familia de tecedores de Valls, á morte do seu pai trasladouse a Tarragona á casa do seu tío Pere Huguet, que era pintor. Cando se trasladan a Barcelona entran en contacto con Bernat Martorell, de xeito que Jaume Huguet coñece as tendencias máis innovadoras da época. Suponse que entre 1440 e 1445 traballou en Zaragoza e, posteriormente, en Tarragona, onde recibiu o influxo do estilo gótico internacional de Lluís Dalmau. Volto a Barcelona, casará en 1454 e a partir de entón comeza o período máis importante da súa obra, na que exhibe un debuxo claro e moi expresivo con fondos dourados e recheos de estuco. Foi presidente do seu gremio entre 1454-1460 e logo entre 1470-1480. Na súa derradeira etapa, as contribucións do seu obradoiro serán superiores ás do mestre, e ademais contará especialmente coa colaboración de diferentes membros da familia Vergós. Logo da súa morte o obradoiro non desapareceu e continuou traballando para acabar os encargos pendentes e aceptando outros novos.

Obra Editar

  • Retablo de Vallmoll (1445-1450). Consérvase a táboa central Virxe co Neno e anxos, que está no Museo Nacional de Arte de Cataluña e a táboa da Anunciación que se garda no Museo Diocesano de Tarragona.
  • San Xurxo e a princesa (1459-1460), Museo Nacional de Arte de Cataluña.
  • Flaxelación de Xesús (1456-1460), Museo do Louvre, París.
  • Retablo de Santo Antonio Abade (1454-1458), para a igrexa de Sant Antoni de Barcelona. Foi destruído en 1909 durante a Semana Tráxica.
  • Predela do altar maior de Santa María de Ripoll (1455). Consérvanse dúas táboas, que están no Museo Episcopal de Vic.
  • Retablo de Sant Vicenç de Sarrià (1455-1462), hoxe no Museo Nacional de Arte de Cataluña.
  • Retablo dos santos Abdón e Senén (1459-1460), actualmente na igrexa de Sant Pere de Terrassa, para a cal fora concibida inicialmente.
  • Retablo do Condestable ou da Epifanía (1464-1465), para a Capela de Santa Ágata do Pazo Real Maior de Barcelona, encargado polo rei Pedro o Condestable.
  • Retablo de Sant Agustí dels Blanquers (1465-75), feito por colaboradores do seu obradoiro, pero o contrato estipulaba que Huguet era responsable de pintar as cabezas e as mans [1]. Está hoxe no Museo Nacional de Arte de Cataluña.
  • Retablo de San Bernardín e o anxo custodio (1462-1475), feito con colaboradores do seu taller. Hoxe está no Museo da Catedral de Barcelona.
  • Retablo de Santa Ana, San Bartolomeu e Santa Magdalena (1465-1470), para a igrexa de Sant Martí de Pertegàs de Sant Celoni; realizado con colaboradores do seu obradoiro. Figura actualmente no Museo Nacional de Arte de Cataluña.

Notas Editar

  1. Anna Sàez e Albert Velasco, Dins el taller de l'artista, Sàpiens, Sàpiens Publicacions, 2007, núm 62, DL B-42425-2002

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Sureda, Joan, Un cert Jaume Huget, el capvespre d'un somni, Barcelona, Lunwerg, 1994.
  • Diversos autors, Jaume Huget: 500 anys, Barcelona, Generalitat de Cataluña, 1993.
  • Gudiol, Josep i Ainaud de Lasarte, Joan, Huget, Barcelona, Institut Amatller d'Art Hispànic, 1948.
  • Alcoy, Rosa. San Jorge y la princesa: diálogos de la pintura del siglo XV en Cataluña y Aragón (en castelán). Edicions Universitat Barcelona, 2004.