Bernat Martorell
Bernat Martorell, nado en Sant Celoni en 1390 e finado en Barcelona en 1452, foi un pintor catalán pertencente ao movemento do Gótico Internacional. Durante tempo foi coñecido como o Mestre de San Xurxo, pola súa obra mestra.
Bernat Martorell | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1390 |
Lugar de nacemento | Sant Celoni |
Falecemento | 1452 |
Lugar de falecemento | Barcelona |
Nacionalidade | Coroa de Aragón |
Ocupación | pintor, ilustrador e iluminador |
Coñecido por | Altarpiece of the Saints John e São Jorge matando o Dragão |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Sábese pouco da súa vida antes de 1427, aínda que a mediados do século XV era un dos principais artistas de Cataluña. A maior parte das súas obras foron retablos, aínda que tamén deseñou vitrais e iluminou libros como as miniaturas que realizou para o "Libro de Horas" que se custodia no Instituto Municipal de Historia de Barcelona.
O seu estilo encádrase dentro da segunda etapa do gótico internacional en Cataluña, que está caracterizado por estar máis próximo ao estilo flamengo.
ObrasEditar
- San Xurxo matando o Dragón (táboa). É a súa obra mestra. Forma parte das coleccións do Art Institute of Chicago e do Museo do Louvre de París.
- Decapitación de Xoán o Bautista e Salomé presentando a súa cabeza a Herodes.
- Natividade.
- Retablo da Transfiguración, na catedral de Barcelona.
- Retablo de San Pedro de Púbol (1437), no Museo Diocesano de Xirona.
BibliografíaEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bernat Martorell |
- Azcárate Ristori, J. M.ª de, Pintura gótica del siglo XV, en Historia del arte. Anaya. Madrid. 1986. ISBN 84-207-1408-9
- Roig, Josep L. Historia de Barcelona. Ed. El Periódico de Cataluña, Grupo Zeta, Barcelona. 1995 ISBN 84-8130-039-X