Jaume Collboni

político español

Jaume Collboni Cuadrado, nado en Barcelona o 5 de setembro de 1969,[1] é o actual alcalde de Barcelona dende o 17 de xuño de 2023. É un político español, avogado de profesión e funcionario da Administración local.[2]

Infotaula de personaJaume Collboni

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
El Baix Guinardó, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Área Metropolitana de Barcelona
27 de xullo de 2023 –
← Ada Colau
119º Alcalde de Barcelona
17 de xuño de 2023 –
← Ada Colau
First VicePresident of Diputació de Barcelona (en) Traducir
17 de xullo de 2019 – 27 de xaneiro de 2023
← Dionís Guiteras (pt) TraducirLluïsa Moret →
Deputado provincial de Barcelona
11 de xullo de 2019 – 27 de xaneiro de 2023 – Esteve Serrano Ortín (en) Traducir →
First Deputy Mayor of Barcelona (en) Traducir
xullo de 2019 –
← Joan Subirats
Concelleiro de Barcelona
13 de xuño de 2015 –
Second Deputy Mayor (en) Traducir Barcelona
2015 – 2017 – Laia Ortiz (pt) Traducir →
Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de decembro de 2012 – 18 de marzo de 2014 – Cristòfol Gimeno Iglesias (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
16 de decembro de 2010 – 2 de outubro de 2012
Circunscrición electoral: Barcelona

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartit dels Socialistes de Catalunya (1994–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: jaume.collboni Twitter: jaumecollboni Instagram: jcollboni Telegram: jaumecollboni Editar o valor em Wikidata

No ano 2010 entrou como deputado, pola provincia de Barcelona, no Parlamento de Cataluña e foi nomeado portavoz adxunto no PSC. En novembro de 2011 foi nomeado Secretario de Comunicación e Portavoz do PSC.[3] Posteriormente, en 2014, deixou o seu escano para centrarse nas primarias do PSC para a alcaldía de Barcelona. Tras ese proceso participativo de primarias, no que logrou a vitoria, foi designado candidato á alcaldía de Barcelona polo PSC.

O 17 de xuño de 2023 foi elixido alcalde de Barcelona.

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Naceu en Barcelona, en el Baix Guinardó, aínda que tamén viviu nos barrios de La Teixonera, El Gòtic, o el Poblenou e no distrito de l'Eixample. As súas orixes familiares, coma as de moitos cataláns, conflúen coa idea de procedencias diversas. Seus avós e tíos por parte de nai proceden das primeiras migracións de Andalucía a principios do século XX.

Traxectoria sindical

editar

Iniciou o seu activismo sindical no movemento asembleario e, ao entrar na Facultade de Dereito da Universidade de Barcelona sumouse á Asociación de Novos Estudantes de Cataluña (AJEC) da que acabou por ser o seu secretario xeral (1992-1995), período no que foi membro claustral da Universidade de Barcelona baixo o mandato do reitor Dr. Bricall.

En 1996, impulsou a creación do Gabinete Técnico de UGT de Cataluña, e formou parte da Dirección Nacional do sindicato dende 1998 ata 2005, desenvolvendo tarefas nos ámbitos da comunicación, a cultura, as relacións internacionais e de cooperación. Durante a mesma época, foi un dos fundadores do Centro de Investigación Económica e Social de Cataluña (CRESC). Do 2001 ao 2005, foi conselleiro en representación sindical do Consello Económico e Social de España.

Traxectoria política

editar

Jaume Collboni ingresou no Partit dels Socialistes de Catalunya no ano 1994. Máis tarde foi elixido portavoz do distrito de Horta-Guinardó (1995-1999). Entre o ano 2005 e 2010 asumiu a coordinación do Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento de Cataluña.[4] Dende 2008, forma parte da executiva do partido. En decembro de 2011, durante o 12º Congreso do PSC, foi nomeado Secretario de Comunicación e Portavoz do partido. En 2010 foi director da campaña electoral do PSC para as eleccións autonómicas e, dende ese mesmo ano, foi deputado no Parlamento de Cataluña e portavoz adxunto do grupo parlamentario dos socialistas e portavoz da Comisión de Empresa e Emprego. Foi relator na comisión da lei electoral de Cataluña, e á súa vez, na comisión da lei de transparencia e acceso á información pública.

En 2014 presentouse como candidato ás primarias, organizadas polo PSC, para ser elixido candidato á alcaldía de Barcelona. Competía cos seus compañeiros de partido Carmen Andrés, Jordi Martí, Laia Bonet e Rocío Martínez-Sampere. Celebradas na cidade condal o 29 de marzo de 2014, as primarias acabaron cunha primeira volta na que Collboni e Andrés foron os candidatos máis votados e os que pasarían a unha segunda e definitiva rolda. En ambas as roldas, Jaume Collboni foi o candidato máis votado.[5] Desde xuño de 2015 Jaume Collboni exerce a presidencia do PSC Barcelona no concello e a presidencia do Distrito de Horta-Guinardó.

Un ano despois, o 25 de maio de 2016, o PSC Barcelona, liderado por Jaume Collboni, e Barcelona en Comú, liderado por Ada Colau, firmaron un acordo de goberno de esquerdas para a cidade de Barcelona. Así, os socialistas pasaron a formar parte do goberno da cidade e o edil socialista empezou a exercer tamén como Segundo Tenente de Alcalde do Concello de Barcelona dirixindo as áreas de Empresa, Cultura e Innovación. Na Área Metropolitana de Barcelona Jaume Collboni é o vicepresidente de Desenvolvemento Social e Económico.

Cargos políticos e institucionais

editar
  • 1998 - 2005 Membro da Dirección Nacional de UGT
  • 2001- 2005 Conselleiro de representación sindical Consello Económico e Social de Estado Español
  • 1999 - 2003 Portavoz do PSC polo Horta-Guinardó
  • 2005 - 2010 Coordinador do grupo parlamentario dos socialistas no Parlamento de Cataluña
  • 2008 - Membro da executiva do PSC
  • 2010 - Deputado ao Parlamento de Cataluña e portavoz adxunto do Grupo Parlamentario
  • 2011 - Secretario de Comunicación e portavoz do PSC
  • 2012 - Portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Cataluña
  • 2014 - Presidente da Federación de Barcelona do PSC.
  • 2015 - Concelleiro do Concello de Barcelona.
  • 2015 - Presidente do Grupo Municipal Socialista
  • 2016 - Segundo Tenente de Alcalde do Concello de Barcelona, responsable de Empresa, Cultura e Innovación
  • 2016 - Vicepresidente de Desenvolvemento Social e Económico da Área Metropolitana de Barcelona
  • 2023-presente - Alcalde de Barcelona.

Véxase tamén

editar
Predecesor:
Miquel Iceta
Portavoz do Grupo Socialista
no Parlamento de Cataluña

2012
Sucesor:
Maurici Lucena
Predecesor:
Gabriel Colomé
Presidente do Grupo Socialista
no concello de Barcelona

2015-actualidade
Sucesor:
No cargo