Jaume Bartumeu
Jaume Bartumeu Cassany, nado en Andorra la Vella o 10 de novembro de 1954, é un avogado e político andorrano. Está inscrito no Colexio de Avogados de Andorra dende o ano 1982, e é o Presidente do Goberno de Andorra dende 2009.
Jaume Bartumeu | |
---|---|
![]() | |
![]() 6º Xefe de Goberno de Andorra | |
Período | 5 de xuño de 2009–4 de abril de 2011 |
Antecesor | Albert Pintat Santolària |
Sucesor | Antoni Martí |
Datos persoais | |
Nacemento | 10 de novembro de 1954 |
Andorra la Vella | |
Organización | Partit Socialdemòcrata |
Alma máter | Universidade de Barcelona e Université Toulouse-I-Capitole |
Profesión | Avogado |
Na rede | |
http://www.jaumebartumeu.ad/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É membro fundador do Partido Socialdemócrata de Andorra, do cal foi primeiro secretario do 2000 ao 2004. Actualmente é o presidente do grupo parlamentario socialdemócrata no Consello Xeral de Andorra. Durante maio de 2008 foi proclamado polo Partido Socialdemócrata de Andorra candidato a presidente de goberno de Andorra, para as eleccións xerais do 26 de abril do 2009. Gañounas con 14 escanos de 28 totais.
Durante o seu goberno, Bartumeu tentou facer unha reforma do IVE que non conseguiu os apoios da cámara, e posteriormente, en 2010, tampouco recadou apoios abondos para aprobar os orzamentos, co que convocou eleccións xerais. Nos comicios do 4 de abril de 2011 sufriu unha severa derrota, e o seu partido pasou de 14 a 6 deputados, e foi substituído á fronte do goberno andorrano por Antoni Martí, á cabeza dunha coalición de liberais e conservadores[1].
En 2013 abandonou o Partido Socialdemócrata para formar Socialdemocracia e Progreso, co que concorreu ás eleccións andorrás do 1 de marzo de 2015.
Predecesor: Albert Pintat Santolària |
Xefe de Goberno de Andorra 2009 - 2011 |
Sucesor: Antoni Martí |