Japan Media Arts Festival


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

O Japan Media Arts Festival (文化庁メディア芸術祭 Bunkachō media geijutsusai?, literalmente, «festival de medios artísticos da Axencia de Asuntos Culturais») é un festival anual organizado pola Axencia de Asuntos Culturais xaponesa e, dende 1997, pola asociación CG-Arts (CG-ARTS協会 CG-ARTS Kyōkai?).

Categorías editar

Durante o festival, os diversos premios divídense en catro categorías:

  • Arte: artes dixitais non interactivas.
  • Entretemento: videoxogos e páxinas web.
  • Animación.
  • Manga.

En cada unha das categorías anteriores ofrécense un primeiro premio, catro premios á excelencia e, a partir de 2002, un premio especial de apoio.