Janusz Kusociński

Janusz Tadeusz Kusociński, nado o 15 de xaneiro de 1907 en Varsovia e falecido o 21 de xuño de 1940 en Palmiry, foi un atleta polaco, gañador dos 10.000 metros nos Xogos de 1932 dos Ánxeles.

Janusz Kusociński
Janusz Kusociński.jpg
Nacemento15 de xaneiro de 1907
 Varsovia
Falecemento21 de xuño de 1940
 Palmiry
SoterradoPalmiry Cemetery
NacionalidadePolonia
Ocupaciónfondista e atleta
PremiosCommander with Star of the Order of Polonia Restituta, Cruz de Valor, Gold Cross of Merit‎, Silver Cross of Merit e Polish Sportspersonality of the Year
editar datos en Wikidata ]
Cadro de medallas
Atletismo masculino
Xogos Olímpicos
Ouro Los Ángeles 1932 10.000 m
Campionato de Europa de Atletismo
Prata Turín 1934 5.000 m
Tumba de Kusociński en Palmiry cerca de Varsovia.

TraxectoriaEditar

Fillo dun traballador do ferrocarril, Janusz Kusociński, ou Kusy o seu alcume, xogou ao fútbol en varios equipos de Varsovia no colexio. Comezou no atletismo en 1928 logo de unirse ao club deportivo "Sarmata". O seu adestrador foi o famoso decatleta estoniano Aleksander Klumberg-Kolmpere.

Na súa primeira participación nos Campionatos Nacionais de Polonia, Kusociński deu a sorpresa gañando a proba dos 5.000 m e a de cross-country. Perdeuse a seguinte tempada porque foi chamado pola Armada Polaca, pero volveu máis forte ca nunca. Gañou nos campionatos de Polonia as probas dos 1.500 m e de 5.000 m, cross-country en 1930 e 1931, e dos 800 metros en 1932.

Xusto un mes antes dos Xogos Olímpicos dos Ánxeles, Kusociński marcou un novo recorde mundial nos 3.000 m (8:18.8) e despois nese mesmo ano, marcou un récord mundial non oficial nas 4 millas nun tempo de 19:02.6. Nos Xogos, Kusociński gañou unha dura batalla contra os finlandeses Volmari Iso-Hollo e Lasse Virtanen nos 10.000 m, co mellor tempo mundial da tempada (30:11.4).

Despois de rematar segundo nos primeiros Campionatos de Atletismo de Europa en Turín nos 5.000 m, Kusociński decidiu retirarse do atletismo, aínda que volveu en 1939 gañando os 10.000 m nos Campionatos Nacionais de Polonia.

Kusociński foi voluntario na Armada Polaca, logo de que fora atacada polos alemás e resultou ferido en dúas ocasións. Janusz Kusociński foi arrestado pola Gestapo o 26 de marzo de 1940 durante a AB Aktion. Foi executado tres meses despois en Palmiry preto de Varsovia.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar