Jan van Wintelroy

compositor belga

Jan van Wintelroy (coñecido tamén como Joannes Wintelroy), activo no período entre 1520 e 1576, foi un compositor dos Países Baixos borgoñóns, da época do Renacemento, pertencente á escola francoflamenga.

Infotaula de personaJan van Wintelroy
Biografía
Nacementoséculo XVI Editar o valor em Wikidata
Morte1576 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: abe1f445-f921-4668-9744-e05fef49e4b3 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Desde 1529, Jan van Wintelroy foi cantante, præcentor e sacerdote da Ilustre Confraría de Notre-Dame ("Illustre Lieve Vrouwe Broederschap"), en 's-hertogenbosch (Ppaíses Baixos). O 19 de xullo de 1551 foi nomeado mestre de capela, posto que ocupou ata o 30 de xuño de 1574. A partir desta data seguiu a ter a súa sede na capela da irmandade como præcentor.

Obra editar

Al is den tijd nu doloreus ("Aínda que o tempo sexa sombrío"), unha canción en lingua neerlandesa (ou flamenga) a catro voces de Wintelroy, foi incluída nunha antoloxía que o editor Jacob Baethen publicou en Maastricht en 1554, titulada Dat ierste boeck vanden nieuwe Duijtsche liedekens ("O primeiro libro de novas cancións neerlandesas"), do que non se conserva copia completa ningunha (falta a parte da soprano). A canción foi inserida no Duijtsch musijck boeck, unha nova antoloxía de cancións en neerlandés, publicada por Petrus Phalesius en Lovaina, en 1572.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar