Jan Swammerdam
entomólogo neerlandés
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Jan Swammerdam, nado o 12 de febreiro de 1637 e morto o 17 de febreiro de 1680, foi un científico dos Países Baixos, un dos pioneiros no uso do microscopio.
Jan Swammerdam | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de febreiro de 1637 |
Lugar de nacemento | Ámsterdam |
Falecemento | 17 de febreiro de 1680 |
Lugar de falecemento | Ámsterdam |
Causa | malaria |
Nacionalidade | Países Baixos |
Alma máter | Universidade de Leiden |
Ocupación | apicultor, entomólogo, médico, anatomista, naturalista e biólogo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Jan era fillo dun farmacéutico de Ámsterdam que era coñecido pola súa colección de historia natural. Apoiou as ideas de Descartes en relación á maneira como a natureza debe ser abordada. Estudou anatomía cun coñecido profesor de Leiden da altura, Franciscus de le Boë Sylvius, e foi un espírito creativo no que respecta aos posíbeis usos do microscópio no estudo do corpo humano. Descubriu os glóbulos vermellos e describiu as estruturas do cerebro, pulmóns e medula espiñal humanos.