Jamal Khashoggi
Jamal Ahmad Khashoggi (en árabe, جمال خاشقجي jamāl ḵāšuqji) nado en Medina o 13 de outubro de 1958 e finado en Istambul o 2 de outubro de 2018, foi un xornalista de orixe saudita.
Traxectoria
editarAutor e ex-xerente xeral e editor xefe da Al-Arab News Channel. Tamén serviu como editor do xornal saudita Al Watan, transformándoo nunha plataforma para os progresistas de Arabia Saudita. Exilado nos Estados Unidos, pasou a escribir unha columna mensual no The Washington Post.
Khashoggi fuxiu de Arábia Saudita en setembro de 2017. Dise que o goberno de Arábia Saudita o baneou do Twitter e máis tarde escribiu artigos de xornal con críticas ao goberno. Khashoggi criticou fortemente ao príncipe herdeiro de Arabia Saudita, Mohammad bin Salman, e o rei Salman de Arabia Saudita. Tamén se opuxo á intervención no Iemen, liderada por Arabia Saudita.
Khashoggi desapareceu o 2 de outubro de 2018 e foi visto por última vez entrando no consulado da Arabia Saudita en Istambul, Turquía, pola súa entrada principal. Fontes da policía turca anónimas alegan que foi asasinado e desmembrado dentro do consulado. O goberno de Arabia Saudita alega que Khashoggi deixou o consulado vivo por unha entrada traseira, mais a policía turca di que ningún circuíto fechado de televisión o rexistrou saíndo do consulado. O 15 de outubro, foi rexistrado o consulado de Arabia Saudita, seguido por funcionarios turcos. Autoridades turcas encontraron evidencias do asasinato e manipulacións durante a busca. A súa morte non foi confirmada polas autoridades da Arabia Saudita, mais algunhas fontes informaron á prensa que morreu cando era interrogado por axentes da familia real da Arabia Saudita.[1]
Confirmación da morte
editarO 20 de outubro Arabia Saudita recoñeceu oficialmente a morte de Jamal Khashoggi nun comunicado. Segundo as autoridades a morte produciuse nunha liorta con oficiais sauditas dentro da embaixada. O réxime procedeu ao cesamento de oficiais sénior incluíndo a Saud al-Qahtani, un influente asesor do Príncipe da Coroa Mohammed bin Salman, e o Xeneral Ahmed al-Asiri, un oficial sénior de intelixencia.[2]