Jairo Mora Sandoval

Jairo Mora Sandoval, nado o 22 de marzo de 1987 e finado o 6 de xuño de 2013, foi un ambientalista costarriqueño que foi asasinado ao tratar de protexer os niños dunha tartaruga de coiro.[1] O 5 de xuño de 2013, xusto antes da medianoite, Mora e catro voluntarias foron secuestrados por un grupo de homes enmascarados. As mulleres lograron escapar e informar á policía. Mora foi atopado á mañá seguinte na praia co seu corpo atado e golpeado. Unha autopsia determinou que morreu por asfixia tras sufrir un golpe na cabeza.

Infotaula de personaJairo Mora Sandoval

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1987 Editar o valor em Wikidata
Limón, Costa Rica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte31 de maio de 2013 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Provincia de Limón, Costa Rica Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCosta Rica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiólogo , ecoloxista Editar o valor em Wikidata

Pola súa morte foron condenadas catro persoas: José Brayan Quesada Cubillo, Héctor Martín Cash López, Donald Alberto Salmon Meléndez e Ernesto Enrique Centeno Rivas.[2][3] A todos eles, o 29 de marzo do 2016, o Tribunal Penal de Limón impúxolles 35 anos de cárcere polo homicidio cualificado do ambientalista. Así mesmo, a estes homes tamén os condenaron polos delitos de violación, abuso sexual contra maior e menor de idade e privación de liberdade agravada e, de maneira xeral, cada un foi condenado cun total de 50 anos en prisión .

As tartarugas mariñas están protexidas por lei en Costa Rica, pero a caza furtiva segue sendo común. Os aldeáns toman os ovos, xa que se cre que é un afrodisíaco, e véndenos no mercado negro. O comercio de ovos relacionouse co tráfico de drogas e o crime organizado. Os ecoloxistas que traballan en Limón din que a miúdo vense ameazados por tratar de protexer os ovos de tartaruga. Jairo Mora foi un destes ecoloxistas da zona. Para os xuíces que condenaron aos asasinos de Mora, o homicidio deuse pola pugna que mantiñan os saqueadores dos niños das tartarugas para roubar os ovos e os ambientalistas, quen eran encabezados, entre outros, por Jairo Mora.[3]

Por mor da morte de Mora, a organización para a cal el traballou deu por concluídos os seus esforzos de vixilancia en Costa Rica. A súa morte atraeu a atención internacional, incluíndo unha declaración das Nacións Unidas, así como o ofrecemento de varias recompensas por información que axudara a esclarecer o caso. En Costa Rica, a súa morte provocou unha chamada á reforma da política ambiental. O 4 de xuño de 2014 o goberno reuniuse con ambientalistas para discutir posibles cambios na política actual. Un plan presentado por ambientalistas e referendado polo Ministro de Medio Ambiente nese entón, René Castro, establecería, entre outros cambios, a creación dunha nova área protexida, ademais de outorgar aos gardaparques máis autoridade para deter aos cazadores furtivos. O 5 de xuño de 2014 celebráronse vixilias en todo Costa Rica en honra de Mora. O 18 de xuño dese mesmo ano, o goberno anunciou a asignación de ₡20 millóns (US $40.000), suma que máis tarde se elevou a ₡30 millóns (US $60.000), para lembrar a Mora.

O 23 de decembro de 2016 o Tribunal de Apelación de Goicoechea ratificou a sentenza de catro dos sete detidos por cargos de homicidio cualificado, violación (das voluntarias estranxeiras) e privación de liberdade agravada.[4][5]

Notas editar